Lingua natural: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Lingua galega
m Interlingua (lingua artificial)
Liña 1:
O termo '''lingua natural''' designa unha variedade [[lingüística]] ou forma de [[linguaxe]] humano con fins comunicativos que está dotado dunha [[sintaxe]] e que obedece supostamente aos principios de economía e [[teoría da optimidade|optimidade]]. As linguas naturais adoitan estar baseadas en [[fonoloxía|símbolos sonoros]] pero tamén poden existir linguas baseadas en [[Lingua de signos|signos]].
 
Na [[sociolingüística]], o termo ''lingua natural'' tamén denomínase ás veces como ''lingua étnica'' en contraposición ás [[lingua planificada|linguas planificadas]] (coma o [[esperanto]]). A lingua étnica evoluciona enmarcada por unha cultura de falantes nativos que empregan dita lingua cunha finalidade comunicativa. Deste xeito, distínguese entre [[idioma]]s tales como o [[chinés mandarín]], o [[Lingua galega|galego]] e o [[idioma inglés|inglés]], as cales son linguas étnicas; e o [[esperanto]], [[ido]], [[Interlingua (lingua artificial)|interlingua]], ás cales denomínaselles como [[lingua planificada|linguas planificadas]]. Con todo, unha lingua planificada tamén pode adquirir unha cultura, como é o caso do [[esperanto]]. Con todo, formalmente as linguas planificadas e as linguas étnicas poden cumprir igualmente cos requisitos de posuír sintaxe e principios de economía que as fagan axeitadas para a [[comunicación humana]] xeral.
 
== Linguas naturais e linguaxe ==