Inhibina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A '''inhibina''' ou '''folistatina''' é unha [[hormona]] proteica que xoga un papel fundamental na [[menstruación]]. Durante o ciclo menstrual, nos [[ovario]]s das mulleres inician o seu desenvolvemento regularmente unha ou dúas decenas de [[folículo ovárico|folículos]] primordiais e a inhibina ten a función de deter o crecemento de todos eles agás un, que será o folículo preovulatorio que liberará un óvulo durante o [[ciclo menstrual]]. A inhibina, que é abondosa nos folículos máis pequenos, contribúe a deter a síntese e secreción pola [[hipófise]] ou pituitaria da [[hormona estimulante dos folículos]] (FSH), que é esencial no ciclo menstrual. <ref>{{cite journal |author=van Zonneveld P, Scheffer G, Broekmans F, Blankenstein M, de Jong F, Looman C, Habbema J, te Velde E |title=Do cycle disturbances explain the age-related decline of female fertility? Cycle characteristics of women aged over 40 years compared with a reference population of young women |journal=Hum Reprod |volume=18 |issue=3 |pages=495–501 |year=2003 |pmid=12615813 |doi=10.1093/humrep/deg138}}</ref>
 
Fórmase na hipófise e encóntrase tamén no líquido folicular dos folículos ováricos. Cando unha muller está embarazada produce tamén inhibina na [[placenta]]. Non se sintetiza homoxeneamente ao longo do tempo senón en forma de pulsos, en certos momentos do [[ciclo ovárico]]. En xeral a cantidade de inhibina no sangue varía de maneira similar á de [[estróxeno]]s. Deste modo, a inhibina A segrégase a metade da fase lútea do ciclo ovárico, é dicir, unha semana despois da [[ovulación]], entanto que a inhibina B se segrega dúas veces, unha na ovulación e outra ao inicio e final da fase folicular do ciclo ovárico, aproximadamente durante unha semana desde que se ten a menstruación cada mes. A inhibina diminúe drasticamente no corpo da muller a partir da [[menopausia]].
 
Os homes producen outras hormonas que son similares á inhibina, a alfa inhibina e a beta inhibina, nas [[vesícula seminal|vesículas seminais]] e na [[próstata]], respectivamente.