Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Conflito de intereses»

traio unha sección de en.wp
m
(traio unha sección de en.wp)
===Exemplos===
====Autobiografías====
Na Wikipedia está completamente desaconsellado crear a [[autobiografía]], escribir sobre un mesmo ou editar nun artigo sobre si mesmo. Tamén está mal visto que engada ligazóns para si noutros artigos. Teña en conta que a Wikipedia non é o lugar apropiado para publicar o seu currículo; se quere pode colaborar editando sobre outros temas nos que non estea implicado. Cómpre tamén salientar que se o artigo chega á Wikipedia en galego a través dunha tradución da entrada na Wikipedia noutra lingua tamén se considera un conflito de intereses se foi creado nas mesmas condicións.
 
Aínda que vostede cree a súa biografía de boa fe ou por descoñecemento das regras do wiki, as edicións dese tipo serán percibidas pola comunidade como autopromoción, vangloria ou un xeito de querer influír no propio artigo. '''O descrito é un conflito de intereses''', por favor, evite pórse nesas circunstancias. Se é merecente de aparecer nesta enciclopedia xa haberá algún colaborador con historial de edicións neste proxecto que cree a entrada sobre vostede. No caso de que o artigo exista e atope inexactitudes ou queira facer matizacións pode recorrer á [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxina de conversa]] do artigo, aí pode editar sen as restricións aplicables á páxina da súa biografía. Para expor calquera dúbida pode facer uso do [[Wikipedia:A Taberna|espazo de debate]] da Galipedia.
 
'''CargarPola contra, cargar imaxes, sons, ou ficheiros multimedia''' sobre un mesmo das que dispón dos dereitos de autor '''non éconstitúe un conflito de intereses''', está aceptado, ademais agradecémoslle que o faga.
 
:<small>'''''Nota:''''' ''Se o artigo chega á Wikipedia en galego a través dunha tradución da entrada na Wikipedia noutra lingua tamén se considera un conflito de intereses se foi creado nas mesmas condicións.''</small>
 
====Citas propias====
 
Estar próximo a un tema non significa que un sexa incapaz de ser neutral, pero pode inclinar a persoa cara a deixar eivas no texto. Novamente, o resto de editores son unha fonte de consellos. Non obstante, e como ocorre moitas veces, a definición de "próximo" neste contexto está rexida polo [[sentido común]]. Por regra xeral, canta máis implicación se teña nun determinado tema, máis coidado se debe ter ao escribir sobre el.
 
==Como evitar os conflitos de intereses==
A Wikipedia é "a enciclopedia que calquera pode editar", pero se está involucrado nun conflito de intereses, aquí hai algúns consellos para reducir os problemas ao mínimo:
 
#'''Evite editar''' ou teña moita precaución ao editar artigos sobre vostede ou a súa organización, así como proxectos e produtos relacionados.
#:''Por que recomendamos isto?'' Cando a xente está próxima a un tema, a súa visión del a miúdo está distorsionada, mesmo facéndoo coa [[Wikipedia:Asuma a boa fe|mellor vontade do mundo]]. A proximidade provoca ver o asunto desde unha perspectiva que non tería unha [[Wikipedia:Cite as fontes|fonte independente e veraz]]. A Wikipedia debe reflectir as vistas das fontes, e non as que teñan os seus editores.
#'''Evite defender o borrado''' de artigos ou contidos relacionados con competidores seus nas [[Wikipedia:Votacións para borrar|votacións para borrar]].
#:''Por que recomendamos isto?'' Animamos a que a xente [[Wikipedia:Verificabilidade|identifique fontes válidas]] para construír un artigo, mesmo se é dunha compañía propia. As persoas próximas a un tema habitualmente coñecen máis referencias útiles para o tema que outros alleos a el. Non obstante, ir na contra daqueles artigos sobre competidores non é unha práctica tolerada, especialmente se non se revelou esta implicación directa.
#'''Evite ligar''' cara ao artigo da Wikipedia, a súa [[Wikipedia:Páxina de usuario|páxina de usuario]] ou a páxina web da súa organización desde outros artigos.
#:''Por que recomendamos isto?'' A Wikipedia medra cando a xente conecta os artigos e achega ligazóns cara a recursos externos. Con todo, a Wikipedia tamén debe impedir comportamentos promocionais inapropiados e o spam disfrazado en forma de citas. A xente implicada no asunto é propensa a considerar estas ligazóns máis importantes do que realmente son.
#'''Evite incumprir''' as políticas e normas sobre contidos; en especial, aquelas relacionadas co [[Wikipedia:Punto de vista neutral|punto de vista neutral]], a [[Wikipedia:Verificabilidade|verificabilidade]] e as [[Wikipedia:Autobiografía|autobiografías]].
#:''Por que recomendamos isto?'' Aterse ás políticas de contido é obrigatorio para todos os usuarios, non só para aqueles cunha conexión co tema. Porén, a xente cunha relación directa cun asunto ten máis posibilidades de incumprir estas políticas.
 
{| style="border:solid black 1px; margin:10px; padding:10px;background-color: floralwhite; "
! O mellor consello
|-
|A aqueles que sintan a necesidade de realizar unha edición controvertida, malia incorrer nun conflito de intereses, '''recoméndaselles ferventemente''' que fagan uso da [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxina de conversa]] do artigo ou da [[Wikipedia:A Taberna|Taberna da Galipedia]] para tratar de chegar a un consenso con outros editores da enciclopedia.
|}
 
[[ar:ويكيبيديا:تعارض المصالح]]
29.647

edicións