Sabino Arana Goiri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa
m →‎Ideoloxía: Foro (contrato)
Liña 26:
== Ideoloxía ==
 
A súa [[ideoloxía]] era basicamente reaccionaria, considerando a [[raza vasca]] superior en todo á española. Á parte do referente da lingua, común na maior parte dos [[nacionalismo]]s europeos dende os [[romanticismo|románticos]] alemáns, Sabino dotou ó seu movemento dun aspecto revisionista (non consideraba os [[forosForo (contrato)|foro]]s como unha carta outorgada de autonomía, senón como un código de soberanía) e dun sentir católico, que quedaron reflectidos no seu lema ''"Deus e leis vellas"'' (''Jaungoikoa Eta Lagi-zarrak''). Cría que a decadencia do país se debía á carencia deste código de soberanía. Estábanse a perder a cultura, os costumes, a lingua... en definitiva: a identidade do País Vasco en que vivía e todo polo seu sometemento a leis foráneas.
 
Fixo obxecto dos seus ataques ós [[Inmigración|inmigrantes]], ''[[Maqueto|maketos]]'', que non se integraban nos costumes dos habitantes do País Vasco e facían sentir vergoña ós éuscaro-falantes por non saber castelán ademais de realizar o seu traballo por baixo salario, ós [[Comunismo|comunistas]] por atacar as tradicións relixiosas e a propiedade, e ás clases altas liberais corruptas dedicadas á compra-venda de poder tan típica na restauración española.