Guerra dos Seis Días: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Fronte Central: Lingua galega
Tfeliz (conversa | contribucións)
m pequenos erros
Liña 16:
De cara ós anos 60, intensificáronse os ataques terroristas palestinos, co apoio de Exipto e Siria. O [[10 de novembro]] de [[1966]], nun sector fronteirizo fronte á cidade cisxordana de Hebrón, un vehículo da policía militar israelí entrou en contacto cunha mina; ó estoupar esta, tres policías militares israelís morreron e un resultou ferido. O [[13 de novembro]], a correspondente represalia israelí, levada a cabo en Rujm al-Madfal e en Samu (dúas localidades cisxordanas), derivou nun enfrontamento entre forzas militares israelís e xordanas, con perdas humanas e materiais por ambas partes, así como entre a poboación civil.
 
Ataques terroristas o [[31 de marzo]] e o [[1 de abril]] de [[1967]] derivaron nunha escaramuza entre forzas israelís e sirias. No punto álxido do enfrontamento, dous avións militares sirios foron derrubados pola Forza Aérea israelí sobre os [[Altos do Golán]], e outros catro sobre [[Damasco]], a capital siria. Esta escaramuza tamén conlevoulevou consigo perdas humanas e materiais entre as forzas israelís e as sirias, así como entre as poboacións civís israelí e golaní.
 
A todo isto había que engadir os bombardeos sirios con fogo de artillería sobre asentamentos civís do norte de Israel, coas súas correspondentes perdas humanas e materiais, e que xeneralizáronse na década dos 60, así como os intentos sirios de desviar o río Xordán mediante complexas obras de enxeñería nas súas fontes (situadas en territorio golaní). Estas accións precipitaban escaramuzas entre as forzas militares israelís e sirias.
 
A mediados de [[maio]] de [[1967]], Exipto remilitarizou a península do Sinaí e a Faixa de Gaza, expulsando á UNEF, e a finais do mesmo mes, bloqueou o porto da cidade israelí de Eilat mediante o peche dos Estreitos de Tirán, os cales constitúen a "porta" de entrada e saída do Golfo de Aqaba, en cuxo extremo setentrional está a citada cidade. O Golfo de Aqaba é parte do mar Vermello, o cal conecta co [[océano Índico]]; estas circunstancias xeográficas permitíanlle a Israel recibir petróleo de [[Irán]] e establecer relacións comerciais con [[África]] e [[Asia]] con relativa facilidade.
Liña 36:
A operación foi un éxito para os israelís, xa que, dos 420 avións cos que contaba Exipto inicialmente, 286 foron destruídos, a maioría en terra, e as bases aéreas exipcias situadas no Sinaí e ó oeste do Canal de Suez quedaron na súa meirande maioría inutilizadas ou seriamente danadas. En torno a unha terceira parte dos pilotos exipcios morreron. As perdas israelís foron mínimas, a pesar de arriscar na operación a meirande parte dos seus pilotos e avións.
 
Os primeiros avións israelís despegaron ás 7:10 horas, hora de Israel. Ás 7:50 horas, deuse o contrasinal ''Sadin Adom'' (Saba Vermella), que indicaba o comezo da ofensiva terrestre na Fronte Sur de Israel (isto é, a conquista da Faixa de Gaza e da península do Sinaí). A ''Ugdah'' do xeneral Israel Tal (unha división que contaba con 250 tanques, 50 canóns, unha brigada paracaidista e unha brigada de recoñecemento) atravesou a fronteira por dous puntos, fronte a Nahal Oz e Khan Yunis, para avanzar a través da Faixa de Gaza e do Sinaí e atacar ás defensas exipcias en Sheikh Zuweid, 8 millas ó sudoestesuroeste de Rafah, así como para rodear Khan Yunis e a propia Rafah. Máis tarde, as posicións israelís nestes lugares quedaron consolidadas, e Tal alcanzou os arredores de al- `Arish. Ó anoitecer, tropas hebreas tomaron a cima de `Ali Mutar sobre a cidade de Gaza, debendo, non obstante, retroceder con posterioridade.
 
Máis ó sur, no centro do Sinaí, [[Ariel Sharon]], ó mando da 38ª. División, atacaría no sector fortemente defendido de Umm Qatef, coa esperanza de de unirse á 31ª. División de Avraham Yoffe e atacar a liña defensiva exipcia formada por Jabal Libni, Bir Lahfan e Bir Hasana.
Liña 44:
Ás 22:00 horas, seis batallóns israelís realizaron un ataque con canóns de 105 e 155 mm sobre Umm Qatef (o maior bombardeo de artillería da historia militar israelí con 6.000 proxectís lanzados en menos de 20 minutos). Tanques israelís atacaban as defensas exipcias dende o sur; no leste, a infantería rebordaba unha tripla liña de trincheiras; e no oeste, os paracaidistas neutralizaban a artillería exipcia. Así puidéronse tomar posicións entorno a Umm Qatef para asaltala. Por outro lado, as manobras israelís neste sector impediron a chegada de reforzos exipcios dende Jabal Libni e Bir Lahfan.
 
Cerca da media noite, as tropas de Yoffe avanzaron cara Bir Lahfan e Jabal Libni, rodeando Abu `Ageila e deixándoa ó norte. Os tanques de cabeza do coronel Elhanan Sela viraron ó sudoestesuroeste, mentres a 200ª. Brigada do coronel Yissachar Shadmi avanzaban de cara a Wadi Haridin. Ámbo-losÁmbolos dous cortaron as vías de comunicación con Jabal Libni, Abu `Ageila e al- `Arish e lograron deter a dúas brigadas inimigas que intentaban rodear a Sharon.
 
No sector sur da fronteira israeloisraelí-exipcia, a 8ª. Brigada Acoirazada, ó mando do coronel Avraham Mendler, iniciou o seu avance de cara a Kuntilla. Así, pola noite consolidou unha posición propicia para evitar que Umm Qatef fora auxiliada e para unirse máis tarde ás forzas de Sharon.
 
====Fronte Central====
Liña 54:
Así, cando o rei Hussein de Xordania foi informado do comezo das hostilidades ás 8:50 horas (hora de Xordania, unha máis que en Israel) e dispúxose a comezar a súa ofensiva contra Israel, encontrouse con que Riyad xa tiña dadas ordes de carácter transcendental, entre as cales destacaba a destrución dos aeródromos israelís mediante o emprego da Real Forza Aérea Xordana, a artillería e comandos. Tamén levou a cabo diversos movementos de tropas e concesións territoriais ás tropas doutros países árabes (Siria e Irak). Estas instrucións (e un discurso do rei por Radio [[Amman]] ás 9:30 horas) involucraron completamente a Xordania na guerra.
 
Ás 10:00 horas, dúas baterías de canóns ''Long Tom'' de 155 mm abriron fogo sobre Israel, unha sobre a periferia de [[Tel Aviv]] e outra sobre o aeródromo de Ramat David. Os comandantes destas unidades tiñan ordes de bombardear durante dúas horas tódo-lostódolos obxectivos sinalados, que incluían bases militares e núcleos poboacionais civís da estreita franxa central de Israel.
 
Ó pouco tempo, tanques e avións xordanos entraron en combate. Ás 11:50 horas, 16 avións de combate xordanos ''Hawker Hunter'' realizaron bombardeos cerca de Netanya, Kfar Sirkin e Kfar Saba, morrendo un civil e resultando feridos outros sete.
 
A ofensiva xordana foi o sinal para que entrara na guerra a Forza Aérea iraquí, a cal enviou tres avións a bombardear asentamentos israelís do val de Jezreel. UmUn bombardeiro Tupolev Tu-16 iraquí atacou a localidade de Afula, en Galilea (norte de Israel), antes de ser derrubado cerca do aeródromo de Meggido. 16 militares israelís morreron, a maioría cando o Tu-16 estrelouse.
 
Comezáronse a producir combates esporádicos en Xerusalén e arredores ás 9:30 horas (hora de Israel), que foron recrudecéndose. Ó principio, os israelís, debido ás ordes de Moshe Dayan, que quería evitar unha segunda fronte mentres a loita contra Exipto non estivese asegurada, contivéronse, respondendo so con armas lixeiras e evitando danos a civís e ós Santos Lugares de Xerusalén.