Reino de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 110:
* No 825 dous exércitos mandados respectivamente polos irmáns Malik e Al-Abbas foron derrotados en [[Narón, Portomarín]] e [[Anceu, Ponte Caldelas]].
* No 838 Al-Walid ibn Al-Hakam saquea territorio galego.
* En xuño de 840 o propio emir [[Abd ar-Rahman II]] alcanza terras galegas, e no ano seguinte o seu fillo Mutarrif volve a estas terras. É a última vez antes de Almanzor que as tropas de Al-Ándalus fan unha razzia en territorio galaico.<ref name="pallaresportela1">{{cita libro| autor =[[María del Carmen Pallares Méndez|PALLARES MÉNDEZ, M. C.]]; PORTELA SILVA, E.| título =A Gran Historia de Galicia. Tomo IV: Da Galicia Antiga á Galicia Feudal (séculos VIII - XI). Volume 1: mulleres, homes e paisaxes| ano =| publicación =Arrecife Edicións Galegas S.L.| id = ISBN 978-84-96931-07-7}}</ref>}}
 
Coa morte de Fáfila, as crónicas do rei Afonso III relatan a entrada dun señor territorial cántabro chamado Afonso, que tería casado coa irmá de Fáfila ampliando con isto os seus dominios. Así o pequeno reino/señorío iniciado por Paio puido ter medrado pola vía matrimonial perdendo a súa condición estritamente ástur, para ser unha entidade onde o carácter cristián, e sobre todo o mesmo marco xeográfico, deberon ser posiblemente os puntos de unión entre estes señores cantabro-ástures que terían acrecentando e unificando con outros territorios o seu propio dominio. Pasamos así dun pequeno reino/señorío no oriente asturiano, a un territorio maior que será co tempo autoproclamado como ''[[Regnum Christianorum]]'', ou "reino dos Cristiáns", pois foi o factor relixioso, libre de vasalaxe directa a Córdoba, un importante pretexto para a integración dos distintos pobos de toda a Gallaecia.