Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Conflito de intereses»

traio máis anacos de texto da política de en.wp
(traio unha sección da política inglesa)
(traio máis anacos de texto da política de en.wp)
En caso de que un usuario suxira que alguén está a incorrer nun conflito de intereses, o mellor é acougar e tomalo con calma. Serío bo reflexionar e revisar detidamente os escritos. Logo disto, pódese iniciar unha conversa cordial tanto co usuario que sinalou esta posible irregularidade como coa comunidade, para tratar así de enmendar aqueles posibles problemas que teñan os textos.
 
===Exemplos===
==Conflitos de intereses==
====Autobiografías====
Na Wikipedia está completamente desaconsellado crear a [[autobiografía]], escribir sobre un mesmo ou editar nun artigo sobre si mesmo. Tamén está mal visto que engada ligazóns para si noutros artigos. Teña en conta que a Wikipedia non é o lugar apropiado para publicar o seu currículo; se quere pode colaborar editando sobre outros temas nos que non estea implicado.
 
Aínda que vostede cree a súa biografía de boa fe ou por descoñecemento das regras do wiki, as edicións dese tipo serán percibidas pola comunidade como autopromoción, vangloria ou un xeito de querer influír no propio artigo. '''O descrito é un conflito de intereses''', por favor, evite pórse nesas circunstancias. Se é merecente de aparecer nesta enciclopedia xa haberá algún colaborador con historial de edicións neste proxecto que cree a entrada sobre vostede. No caso de que o artigo exista e atope inexactitudes ou queira facer matizacións pode recorrer á [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxina de conversa]] do artigo, aí pode editar sen as restricións aplicables á páxina da súa biografía. Para expor calquera dúbida pode facer uso do espazo de [[Wikipedia:A Taberna|espazo de debate]] da Galipedia.
 
'''Cargar imaxes, sons, ficheiros multimedia''' sobre un mesmo das que dispón dos dereitos de autor '''non é un conflito de intereses''', está aceptado, ademais agradecémoslle que o faga.
 
:<small>'''''Nota:''''' ''Se o artigo chega á Wikipedia en galego a través dunha tradución da entrada na Wikipedia noutra lingua tamén se considera un conflito de intereses se foi creado nas mesmas condicións.''</small>
 
====Citas propias====
Editar artigos sobre aqueles temas nos que un teña experiencia académica ou profesional non constitúe un conflito de intereses en si. Ademais de ser unha práctica habitual entre os usuarios, serve para constatar a fiabilidade do texto. Non é recomendable citar fontes e materiais propios, malia que sexan relevantes. A mellor práctica é falar coa comunidade para que outra persoa inclúa eses datos e así evitar unha [[Wikipedia:Punto de vista neutral#Cantidade debida e indebida|excesiva promoción ou énfase]] do traballo propio.
 
====Compensación económica====
Tampouco é conveniente facer edicións se logo se agarda unha retribución polo labor de editar a Wikipedia como representante de calquera organización. A mellor opción é comunicar abertamente a situación na conversa do artigo e permitir que os demais usuarios axuden a atopar a solución.
 
====Amizades====
Calquera situación na que haxa unha forte relación pode desencadear unha situación de conflito de intereses, xa sexa persoal, relixioso, político, académico, financeiro ou legal. Isto non está determinado pola área do saber, senón polo desenvolvemento dunha relación que produce un alto nivel de involucración persoal e que non permite desligarse dunha persoa, tema, idea, tradición ou organización.
 
Estar próximo a un tema non significa que un sexa incapaz de ser neutral, pero pode inclinar a persoa cara a deixar eivas no texto. Novamente, o resto de editores son unha fonte de consellos. Non obstante, e como ocorre moitas veces, a definición de "próximo" neste contexto está rexida polo [[sentido común]]. Por regra xeral, canta máis implicación se teña nun determinado tema, máis coidado se debe ter ao escribir sobre el.
 
[[ar:ويكيبيديا:تعارض المصالح]]
29.647

edicións