Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Conflito de intereses»

traio unha sección da política inglesa
m
(traio unha sección da política inglesa)
 
Editar baixo un conflito de intereses está, polo tanto, prohibido. Este tipo de edicións a miúdo violan políticas como o [[WP:PVN|punto de vista neutral]], [[WP:NON|o que a Wikipedia non é]] e o cumprimento dos [[Wikipedia:Dereitos de autor|dereitos de autor]], e dar como resultado un [[WP:BLOQUEO|bloqueo]] da conta implicada.
 
==Que é un conflito de intereses?==
{{VT|Wikipedia:O que a Wikipedia non é}}
A Wikipedia é unha enciclopedia, non o editorial dun xornal ou un foro para dar publicidade e promocionar unha persoa ou as ideas que este individuo teña. Como tal, unicamente debe conter material que estea de acordo coas súas políticas de contido. Deste xeito, os editores deben antepor os intereses da enciclopedia a calquera outro externo. Calquera usuario que faga primar os intereses que teña fóra da enciclopedia pode ser susceptible de incorrer nun conflito de intereses.
 
Con todo, non hai un criterio estrito que determine se existe ou non un conflito de intereses; se cada, si que hai algúns sinais de aviso. A adición de contidos que semelle promocionar os intereses ou a visibilidade do autor dun artigo, membros da familia do autor ou calquera empregado ou socio que teña, así como o seu negocio ou intereses persoais, sitúa ao editor nun conflito de intereses. Cando os editores escriben para promocionar os seus propios intereses, as súas contribucións amosan a miúdo unha falta de conexión co que un lector desinteresado querería consultar como referencia nunha enciclopedia. En caso de que alguén escriba un artigo sobre un tema no que estea involucrado persoalmente, cómpre que teña en conta aterse ao [[Wikipedia:Punto de vista neutral|ton neutral]] e citar [[Wikipedia:Verificabilidade|fontes]] publicadas acreditadas e independentes, e asegurarse de non esquecer aspectos importantes que deixen eivas no texto.
 
En caso de que un usuario suxira que alguén está a incorrer nun conflito de intereses, o mellor é acougar e tomalo con calma. Serío bo reflexionar e revisar detidamente os escritos. Logo disto, pódese iniciar unha conversa cordial tanto co usuario que sinalou esta posible irregularidade como coa comunidade, para tratar así de enmendar aqueles posibles problemas que teñan os textos.
 
==Conflitos de intereses==
29.647

edicións