Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m Blanco Amor
Sen resumo de edición
Liña 11:
 
Tesme á túa disposición. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dúbida. Un cordial saúdo --[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 00:43, 9 setembro 2006 (UTC)
 
*Acabo de ver o artigo [[Rosario Álvarez]]. Se a algunha persoa lle teño estima como persoa e como profesional, sen ter unha intimidade con ela digna de mención, é a ''Charo''. A presenza dun artigo desas dimensións e contidos, persoalmente, seméllame vergonzosa e vergonzante. Síntoo, pero estou convencido de que é preferible borralo mentres alguén non sexa quen de facelo mellor--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 00:52, 9 setembro 2006 (UTC)
*Recuperei o artigo [[Rosario Álvarez]] e desenvolvino minimamente cos datos que tiña á man. Un cordial saúdo --[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 10:57, 9 setembro 2006 (UTC)
 
Concordo co que dis no anteior pero pensei que unha aoportación tan mínima era millor do que ningunha. Sobre o artigo de [[Rosario Álvarez]] dicir que aínda que era breve pretendía completalo a posteriori. A túa versión é muito máis civilizada, sonche novo por aquí e non sei muito como moverme e se algunhas aportacións non son o suficientemente adecuadas. Xa sabes como son estas cousas, se vexo que a colaboración é útil irei aprendendo e facendo millores artigos pero tamén pode pasar que non comprenda o sistema e me dea por vencido. Espero que isto último non pase. Grazas pola tua axuda. --[[User:turonio|turonio]]
 
== Ola ==
Ante todo, ola. Preséntome: son [[User:Sobreira]] e douche a benvida máis cordial. Vexo que comezaches hai pouco e anímote a que te unas ó noso xeito de facer [[Galiza|país]]. Viña a conto do artigo de [[pai fillo nai]]. Quería avisarte de que despois de lelo e retocalo, cando me decatei fixera moitas modificacións, ata case diría que demasiadas, co cal decidín avisar ó autor para que non o tomase a mal. Nalgúns cambios é verdade que retoquei condicionado por teimas miñas (como facemos todos), pero sobre outros é interesante que teñas en conta algúns detalles:
* a redacción debería ser clara (iso gáñase coa práctica, e ás veces nin así) e gramatical:
* ten coidado cos [[estranxeirismo]]s: ''é un xogo infantil de importancia para..." >> "é un xogo infantil de moita/grande importancia..." (é un [[galicismo]]);
* cando crees un artigo novo, imaxina que llo contas a un estranxeiro ou a un neno: expresión clara, cousas que veñan a conto, relacionar con outros temas, pensar nas diferentes perspectivas (e ideoloxías) desde as que se pode abordar un tema, etc.
* aínda que é algo que eu non sempre aplico, as afirmacións que se incorporen deberían ser un pouco validables (ou demostrables). Ás veces os artigos chegan a semellar coma pequenos traballos de clase. Isto é máis complicado do que parece, porque sempre pretendemos convencer ós demais e mesmo nos mentimos a nós mesmos. Xa verás, co tempo xa te irás autoimpoñendo un certo rigor sobre o que e como escribes.
En concreto:
* se escribes "Nunhas versións..." non coincide que logo poñas "Na outra...";
* de verdade dis "poñer as fichas ''dunha nunha''"? Sooume rarísimo, unha tradución literal do castelán.
Hai dous apartados (escríbense entre signos ''='': ==segundo nivel==, ===terceiro nivel===...) que xa son case tradición na Galipedia:
* ''Véxase tamén'', para resaltar outros artigos relacionados;
* ''Ligazóns externas'', para tódalas ligazóns fóra da Wikipedia e Wikcionario;
Xa sei que nun principio ó mellor son moitas cousas para ter en conta, pero non te agobies en ser perfeccionista, toda colaboración sempre é interesante. Para responder ou enviar unha mensaxe a alguén, podes picar na ligazón á súa páxina de discusión que temos normalmente na nosa sinatura. Dígocho porque vexo que lle respondeches a Lmbuga nesta mesma páxina e non sei se se decataría (na súa sinatura, a páxina de discusión lígase onde pon Galipedia). É máis cómodo para todos e ademais así sáenos automáticamente unha mensaxe avisándonos de que alguén nos escribiu. No meu caso agora fago coma sempre: asino abaixo de todo (e a ligazón directa á miña páxina de discusión é a palabra ''parlez''). Se tes algún problema avisa, que para iso estamos todos, para axudarnos entre nós.
 
Como cando comecei eu estaba moi perdido, decidín facer unha sorte de guía para os que viñesen detrás. Déixocha a continuación por se che vale dalgo. Tamén podes presentarte ou contar algo de ti mesmo na túa páxina de usuario [[User:Turonio]] e así te imos coñecendo, que vai ser o teu espazo persoal e ninguén máis vai tocala (podes poñela coma ti queiras). Espero que te enganches no vicio da Galipedia na medida en que poidas (''wikihólico'', chámanlle na wikipedia inglesa) e que esteas pronto facendo artigos dos que esteas orgulloso.
 
{| border="2"