Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
barrer>varrer
Liña 118:
 
=== Afundimento ===
Ao redor das 08:00 do [[27 de maio]], o ''Rodney'' e o ''King George V'' achegáronse a 39 km do ''Bismarck'', co inimigo ben iluminado polo sol da mañá no fondo. Nese momento a visibilidade era de só 19 km e o estado do mar era de 4–5 (de forte marusía a media vaga). O forte vento estaba soprando dende o noroeste cunha forza de 6 a 7. O ''Rodney'' dirixiuse cara o norte polo que podía disparar ao longo do ''Bismarck'', mentres que o ''King George V'' púxose de lado. Abriron fogo ás 08:47. O ''Bismarck'' respostou, pero a súa incapacidade de manobrar e a súa escora cara babor afectaron á precisión. A súa baixa velocidade de sete nós o convertía nun obxectivo doado, e rapidamente foi alcanzado varias veces, cos cruceiros pesados ''Norfolk'' e ''Dorsetshire'' incorporándose ao combate. Ás 09:02 un proxectil de 200 mm do ''Norfolk'' impactou no control de fogo principal, matando ao oficial de artillería, Adalbert Schneider, que fora galardonado coa Cruz de Cabaleiro a primeira hora desa mesma mañá pola súa participación no afundimento do ''Hood''. Ás 09:08 un pesado proxectil do ''Rodney'' alcanzou ambalas dúas torretas dianteiras do ''Bismarck'', a Anton e a Bruno, poñendo a esta última fóra de combate; este impacto foi seguido por outra salva que destruiu o posto de control dianteiro, matando á meirande parte dos oficiais superiores. As torretas de popa, Caesar e Dora, continuaron disparando localmente. Ás 09:21 Dora foi eliminada. A tripulación de Anton logrou disparar a súa derradeira salva ás 09:27. Ás 09:31 Caesar realizou o seu derradeiro disparo e entón quedou eliminada. Esta salva alcanzou ao ''Rodney'', danando os seus tubos de torpedos. Os disparos efectuados polo ''Bismarck'' durante a batalla dirixíronse cara o ''Rodney'', o barco máis vello (quizais coa esperanza de conseguir un éxito semellante ao acadado co ''Hood''). O ''Bismarck'' chegou a ser unha ameaza para o ''King George V'' cando von Müllenheim, baixo control de fogo local, concentrouse neste barco pero o seu control foi voado por un impacto directo antes de que puidese disparar ao acoirazado británico. Aos 44 minutos, os canóns pesados do ''Bismarck'' estaban silenciados. O ''Rodney'' colocouse a queimarroupa (aproximadamente 3 km) para barrervarrer a superestructura, mentres que o ''King George V'' disparaba dende máis lonxe.
[[Ficheiro:HMS Dorsetshire Bismarck survivors.jpg|250px|thumb|Supervivintes do ''Bismarck'' sendo izados ao ''HMS Dorsetshire'']]
O ''Bismarck'' continuou coa súa enseña izada. Sen sinais de rendición, a pesar da desigual loita, o británicos resistíanse a deixar o ''Bismarck''. As súas reservas de combustible e munición eran baixas, unha demostración do difícil que era para un acoirazado destruir unha unidade semellante, incluso nun combate desequilibrado; porén, cando se fixo evidente que o seu inimigo non podería alcanzar un porto, o ''Rodney'', o ''King George V'' e os destrutores foron enviados a casa. Ao ''Norfolk'' non lle quedaban torpedos, polo que o ''Dorsetshire'' lanzou tres de 533 mm a unha distancia relativamente curta, que poderían alcanzar ao ''Bismarck''. As cubertas superiores do barco alemán estaban case completamente destruídas, pero os seus motores aínda funcionaban, aínda que Johannes "Hans" Zimmermann, un fogoneiro que sobreviviu, confirmou que a auga salgada entrara nas liñas de alimentación das caldeiras o que obrigou aos enxeñeiros a reducir a velocidade a sete nós, por medo a un estoupido, e o casco aparentemente estaba en bo estado; polo que, en vez de arriscarse a ser capturado, aos supervivintes déuselles a orde de afundir o barco e despois abandonalo. Moitos dos tripulantes caeron á auga, pero poucos mariñeiros das zonas máis baixas dos motores sobreviviron. Como o capitán Lindemann presumíase morto, como todos os seus oficiais, despois do impacto na ponte cun proxectil de 410 mm, non está claro se puido dar a orde de afundir o barco.