Guerra civil estadounidense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rezabot (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 64:
Son varios os datos que certifican á Guerra Civil Estadounidense como a primeira guerra moderna. Foi a primeira en que combatían exércitos de cidadáns comúns e non soldados profesionais. Non foi a típica contenda europea motivada por dereitos rexios sobre determinados territorios, como o foi a [[Guerra de Crimea]], antecesora da Guerra Civil Estadounidense, senón que existía un compoñente ideolóxico. O resultado do conflito tíñase que dar no campo de batalla, non se expuñan negociacións alternativas ás que as baionetas impuñan. Foi unha guerra onde predominou a estratexia sobre a táctica, pois gañou quen máis capacidade de aguante, máis industria e quen máis capacidade tivo para repor con homes novos as vítimas dos campos de batalla. Aparece a guerra total: Sherman, no seu «avance cara ao mar», destruíu todo o que puido, entendendo que o non devastado podía servir para o inimigo.
 
Por vez primeira emprégase o [[Telégrafo eléctrico|telégrafo]] e o [[ferrocarril]] nas operacións militares. Aínda que o compoñente tradicional non desaparece, pois aínda as ordes no campo de batalla e os transportes necesitaban do compoñente animal. Utilizáronse por vez primeira barcos metálicos, aínda que o bloqueo fíxose case enteiramente polos tradicionais barcos de madeira e de vela. Algúns barcos [[acoirazado]]s empregáronse nos ríos da conca do Mississippi aínda que algúns deles eran embarcacións con casco de madeira con protección metálica. Nesta guerra apareceu o rifle de retrocarga, o [[canón Gatling]] (antecesor da [[metralladora]]) e ata o [[submarino]], a bomba de reloxería e as [[mina (arma)|minas]], tanto de terra como submarinas, aínda que as últimas non foron decisivas, e si cuestionadas pois danaban a orde moral da guerra e eran consideradas como ferramentas bárbaras. Ademais non se as consideraba como elementos decisivos para a guerra.
 
=== A importancia estratéxica do ferrocarril ===