Parador de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
emgadín "commons"
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 20:
 
== Os Paradores Museo ==
{{AP|Parador Museo}}
Segundo a propia sociedade [[Paradores Nacionais de Turismo|Paradores de Turismo]], os Paradores históricos son verdadeiros [[monumento]]s e forman parte do [[patrimonio artístico]] e [[cultura|cultural]] de España, e un ''Parador Museo'' é un edificio que transmite a súa historia e as súas lendas, un enclave que susurra quen foron os personaxes que o habitaron, que uso tiñan no pasado os seus espazos máis ''emblemáticos'' e que significado esconde a decoración dos seus patios e fachadas, e como se diferencian as súas etapas arquitectónicas.
 
O proxecto naceu en [[2009]], coa apertura do [[Parador de Santo Estevo|Parador Museo de Santo Estevo]], instalado no [[ Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil]], sito en [[Nogueira de Ramuín]], [[Ourense]],<ref>Que foi rehabilitado como establecemento hoteleiro pola Xunta de Galicia, e actualmente está cedido a Paradores de Turismo de España.</ref> e ten como obxectivo a musealización dos cincuenta edificios monumentais que forman parte da rede hoteleira de ''Paradores de Turismo''. Aqueles que se hospedan nun Parador Museo reciben unha guía de visita que lles proporciona un percorrido polo interior do monumento, durante o que van achando un conxunto de soportes informativos, ilustrados con planos, mapas, gráficos e fotografías, que explican os aspectos máis significativos do edificio.
 
Para a elaboración destes contidos, a rede de Paradores conta cun equipo propio que investiga o pasado dos monumentos, mergullándose en arquivos históricos, bibliotecas e museos, até reuniren unha información ampla e fidedigna do pasado do Parador.<ref>[http://www.parador.es/es/paradores-museo Paradores Museo]] {{es}} Consultada o 4/&2/2012.</ref>
 
Na actualidade son cinco os Paradores desta categoría. Ademais dos citados de Santiago e de Santo Estevo, os de [[Cardona]] ([[Barcelona]]), [[Granada]], e [[Oropesa]] ([[Toledo]]).
 
== Notas ==