Vella fritindo ovos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Poño modelo pintura
m mudando influenza (doenza) por influencia (acción de influír)
Liña 20:
Este cadro, ao igual que outros realizados na primeira época de Velázquez, está influenciado polo [[claroescuro]]; un foco de luz, que ten a súa orixe na parte esquerda do lenzo, ilumina a parte dereita do cadro, é dicir, á anciá, aos seus útiles e aos ovos que está a fritir, deixando escuro o resto de cadro, o fondo e o neno. Este claroescuro é moi intenso, de xeito que é difícil apreciar a parede que se atopa ao fondo do cadro, a cal só é posible identificar porque ten unha cesta colgando dela.
 
O realismo do lenzo é case fotográfico, Velázquez pon especial énfase en que os obxetos destaquen neste exemplo de [[bodegón]], no que aparecen pratos, vasillas, potas, morteiros e xarras, destacando así o brillo especial do cristal ou a influenzainfluencia da luz no melón que porta o rapaz. A fritura da vella está incriblemente lograda, tanto que semella que o aceite fervendo está a saltar diante dos ollos do espectador.
 
Os pés e as mans son as partes máis expresivas do corpo e, observando detidamente o lenzo, apréciase que o pintor traballou as mans da vella con moito detalle, ao igual que acontece coas mans do rapaz, que suxeita o melón e a vasilla.