Ganso paporrubio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: nn:Raudhalsgås
Lameiro (conversa | contribucións)
correccións
Liña 10:
 
==Descrición==
A plumaxe do ganso paporrubio é negra con liñas de contorno brancas. Como indica o seu nome teñen o peito, parte do colo e as meixelas vermellos. A zona vermella está rodeada por liñas brancas que a separan da parte negra. Teñen o bico curto e o colo relativamente longo. O aspecto dos dous sexos é semellante. Miden uns 55 cm de lonxitude e pesan entre quilo e quilo e medio.
 
Cambian as plumas na época reprodutora, remudándoas todas a un tempo, o que os fai incapaces de voar durante unhas tres semanas, período no que son especialmente vulnerables.
 
Liña 17 ⟶ 18:
==Distribución==
 
[[Ficheiro:Rufibrenta_ruficollis_Rothalsgans_4.jpg|thumb|left|280px]]
Son aves migratorias que crían en zonas árticas de [[Europa]] e o oeste de [[Siberia]], desprazándose no inverno cara ó sur, a [[Asia central]], en especial ó [[Kazakhstan]], o sur de [[Iraq]] e o sueste de Europa, sobre todo na costa do [[mar Negro]]. Algúns exemplares poden aparecer tamén no oeste do continente europeo.
 
==Reprodución==
Forman parellas estables para toda a vida. A época de cría comeza na segunda metade de xuño. A miúdo fan os seus niños preto do dos [[falcón]]s, táctica que lles permitiría, segundo os ornitólogos, por un lado protexer os polos das mesmas aves de presa, que non cazan preto do seu propio niño, e por outro evita-la presenza doutros posibles predadores, coma o [[raposo polar]], que son rexeitados contundentemente polas aves de rapina. Isto explicaría ademais o feito de que fagan coincidi-la súa época de cría (serodia para un ganso) coa dos falcóns.
 
Constrúen o niño, en xeral, en sitios retirados sobre zonas de pedras. A femia fai un furado que cobre con herbas, brión e liques e amolece con plumiñas especiais moi dondas, onde pon 4 ou 5 ovos, de cor gris clara. Os ovos son chocados pola femia, que nesa época non deixa o niño máis que en períodos curtos para alimentarse. O macho non participa na incubación, coma en tódalas especies de gansos, pero vixía o niño fronte os intrusos. Os polos tardan 25 días en rompe-la casca e deixan o niño moi axiña para alimentarse por eles mesmos.
 
==Situación das poboacións==
O uso masivo do [[DDT]] nos anos 1950-1960, a redución das poboacións de aves de presa no [[Ártico]] (que serven de protección ás niñadas do ganso paporrubio) e a caza masiva provocaron a redución drástica das poboacións destas aves. O seu número foi calculado pola [[IUCN]] nuns 40.000 exemplares. A caza ilegal nas súas áreas de cría e a destrución do seu hábitat fan que sexa unha especie ameazada de extinción, malia o acordo de protección das especies de [[Washington]] e os acordos de protección das aves da [[Unión Europea]]. No ano [[2007]] a asociación [[BirdLife International]] clasificouna como ''especie en perigo''.
No ano [[2007]] a asociación [[BirdLife International]] clasificouna como ''especie en perigo''.
 
{{Commons|Rufibrenta ruficollis|Ganso paporrubio}}
Liña 41 ⟶ 40:
*[http://www.birdlife.org/datazone/species/index.html?action=SpcHTMDetails.asp&sid=387&m=0 BirdLife Species factsheet] 22 maio 2007. Expón as razóns polas que se considera unha especie ameazada.
 
[[Categoría:AnátidasAnátidos]]
 
[[en:Red-breasted Goose]+