Diferenzas entre revisións de «Alexander Robertus Todd»

m
m (→‎Investigacións científicas: fósforo (elemento))
Entre [[1935]] e [[1936]] foi membro do equipo investigador da [[Universidade de Edimburgo]] onde realizou investigacións sobre a [[vitamina B1]] ou [[aneurina]], da cal elaborou diversos procedimentos de obtención por síntese, un dos cales utilizase para preparala industrialmente. Durante a súa estancia no Instituto Lister de [[Londres]] entre [[1936]] e [[1938]] proseguiu os seus traballos de sínteses da [[tiamina]] e outras substancias relacionadas.
 
A partir de [[1955]] iniciou as súas investigacións sobre os [[nucleótido]]s (os compostos que forman as unidades estruturais dos [[ácido nucleico|ácidos nucleicos]] [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] e [[ácido ribonucleico|ARN]]), [[coenzima]]s e [[composto]]s de [[fósforo (elemento)|fósforo]], así mesmo efectuou outros estudos que permitiron esclarecer a complicada estrutura da [[vitamina B12]] e [[vitamina E]], a [[antocianina]] ([[pigmento]] vexetal causante das coloracions vermellas, moradas e azuis das flores). Estudou tamén os [[alcaloide]]s atopados no [[haxix]] e no [[cannabis]].
 
O [[1957]] foi galardoado co [[Premio Nobel de Química]] ''polo seu traballo sobre nucleótidos e coenzimas''.
106.446

edicións