Miguel Ángel Lotina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Como adestrador: Copa do Rei de fútbol.
m →‎Como adestrador: arranxiño
Liña 70:
 
=== Como adestrador ===
Xa como técnico, leva máis de 20 anos adestrando equipos de fútbol de tódalas categorías. Saltou á primeira plana cando dirixía ao [[CD Numancia]], que entón militaba en Segunda B, despois de que na tempada [[1995]]-[[1996]] tivese unha incríbel racha na [[ Copa do Rei de fútbol. |Copa do Rei]] eliminando a tres "primeiras" ([[Real Sociedad]], [[Racing de Santander]] e [[Sporting de Gijón|Sporting]]) e tras estar a piques de eliminar tamén ao [[FC Barcelona]]. Lotina gañou un prestixio como adestrador, onde xa se estreara con anterioridade no [[CD Logroñés B]] durante tres tempadas. Precisamente foi este equipo quen lle contratou para darlle a oportunidade de debutar como adestrador de Primeira División na campaña [[Primeira división española 1996/97|1996-97]].
 
Máis tarde iría ao [[CD Badajoz]] ([[1997]]-98), outra vez ó [[CD Numancia]] ([[1998]]-[[1999|99]]), co que logrou o ascenso a Primeira; despois ao [[Club Atlético Osasuna|Osasuna]], equipo que tamén levou a Primeira División (1999-2002); o [[Celta de Vigo]], equipo que levou á [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]] por primeira e única vez na historia ([[2002]]-[[2004]]), e o [[RCD Espanyol]] co que conseguiu a [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]] (2004-06), onde demostrou humildemente o seu bo facer no complicado mundo dos banquiños.