Lois Tobío Fernández: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
Ao ano seguinte, [[1923]], [[Wenceslao Requejo Buet]] proponlle a Tobío formar un grupo "cos que se interesasen por problemas de cultura, arte, literatura e historia principalmente, algo así como unha tertulia ou ateneo"<ref>Tobío, Lois: ''As décadas de TL'', Ediciós do Castro, 1994, páxinas 123-126</ref>. Nese grupo, que primeiro collería os estudantes da súa promoción (Filgueira, Martínez López, Magariños...), despois estenderíase aos maiores (Bouza, [[Ánxel Romero Cerdeiriña|Romero Cerdeiriña]]...) e aos profesores, como Cotarelo. De feito, foi Cotarelo quen lle deu o nome de Seminario de Estudos Galegos, que foi como pasou á historia.
 
Tobío desempeñará no Seminario os postos de secretario e mais de coordinador da sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. Dentro del comezará a facer e publicar os seus primeiros estudos culturais. Pasa a vida entre Santiago, no curso, e Viveiro, onde bota os veráns e onde realizará unha catalogación da documentación municipal. En [[1927]] despois de obter o premio extraordinario de licenciatura, incorpórase como axudante de cátedra de [[Joaquín García Labella]], de dereito público. Ao ano seguinte, [[1928]], Tobío realiza o servizo militar en [[artillería]] en [[Santiago]], e en [[1929]] accede a unha bolsa que o levará a proseguir os seus estudos en [[Berlín]].
 
Chegará a [[Hamburgo]] no barco [[Alemaña|alemán]] ''Cap Arcona'' o [[14 de novembro]] de [[1929]]. Establécese en Berlín, onde seguirá estudos de dereito e onde fará amizade con [[Francisco Ayala]], [[Felipe Fernández Armesto]] ou o lingüista [[Xosé Canedo]]. Será o anfitrión en Alemaña de [[Vicente Risco]] (experiencia que conta o ourensán en ''[[Mitteleuropa]]'') e aos poucos meses voltará a Galicia para incorporarse en outubro de [[1930]] como profesor auxiliar de [[dereito romano]] e [[historia do dereito]] na Universidade de Santiago.