Lingua paleoirlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m corrixo homónimo
m mudando influenza (doenza) por influencia (acción de influír)
Liña 10:
Este cambios, trazados pola [[lingüística histórica]], non son inusuais no desenvolvemento das linguas, pero parece que tiveron lugar especialmente rápido en irlandés. Segundo unha teoría propugnada por Koch (1995), estes cambios coinciden coa conversión ao [[cristianismo]] e a introdución da aprendizaxe do [[latín]]. A teoría baséase no feito de que todas as linguas teñen varios [[rexistro (lingüística)|rexistros]] ou niveis de formalidade, o máis formal dos cales, normalmente o do ensino e a relixión, muda moi a modiño mentres que os máis informais cambian máis rapidamente, pero na maioría dos casos non se corre o perigo de volvérense dialectos mutuamente inintelixíbeis debido á existencia do rexistro máis formal.
 
Na Irlanda precristiá o rexistro máis formal da lingua puido ser o empregado polos relixiosos e as clases instruídas, os [[druídas]], para as súas cerimonias e para a aprendizaxe. Koch baseábase na posibilidade de que as inscricións conmemorativas estivesen escritas nesta forma pero, cando os druídas foron substituídos como clase instruída polos monxes cristiáns, o paleoirlandés formal foi substituído como lingua de aprendizaxe polo latín. As formas vernáculas, libres da influenzainfluencia conservadora do rexistro formal, cambiaron velozmente, ata que se estableceu un novo estándar escrito: o irlandés antigo.
 
== Posíbeis influenzasinfluencias externas: o [[lingua ivérnica|ivérnico]] ==
antes de que os dialctos [[gaélico]]s se desenvolvesen en [[Irlanda]], algúns postulan que os habitantes falaban '''[[lingua ivérnica|ivérnico]]''', especialmente en [[Munster]]. Recibe este nome dun grupo [[galos|galo]]-[[belgas|belga]] coñecido como os [[iverni]] (despois ''Érainn''), testemuñados na ''Xeografía'' de [[Ptolomeo]] ([[século II]]). Esta hipótese pode sosterse polo que parece ser unha breve mención dunha lingua tal nun dicionario irlandés do [[século IX]] ''[[Sanas Cormaic]]'', baixo os nomes ''Iarnnbélrae'', ''Iarnbélrae'', e ''Iarmbérla'', que se se entenden como [[irlandés antigo]], significan "Fala de ferro". Con todo, a maioría dos lingüistas explican estes préstamos [[linguas britónicas|britónicos]] como tomados directamente do [[lingua galesa|galés]], facendo notar que as inscricións oghámicas testemuñan unha presenza irlandesa antiga en [[Gales]]. O estudoso do gaélico [[T. F. O'Rahilly]] propón así a lingua destes ''Iverni'', que el bautizou como '''Ivérnico''', como a fonte destes préstamos.