Xénero gramatical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
m Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
Liña 20:
Algunhas linguas clasifican os obxectos tomando como base a súa forma: os [[Animal|animais]] e os obxecto oblongos son considerados nomes masculinos e os redondos femininos. Correlacións deste tipo -entre o xénero nominal e a forma do obxecto que refiren- son discernibles no xénero nominal dalgunhas linguas da familia indoeuropea.
 
Denomínanse ''xéneros gramaticais'' a un certo tipo de clases nominais onde se fai concluír, en menor ou maior medida, o xénero natural ou [[Bioloxía|biolóxico]] do referente nominal cunha clase determinada, isto é, macho con clase nominal masculina, femia con clase nominal feminina. De coincidir totalmente esta adscrición baseada no xénero biolóxico fálase de linguas con ''xénero natural''. Tamén ocorre, moi frecuentemente nas linguas indoeuropeas, que todos os substantivos, quer animados quer inanimados -e por tanto sen xénero natural- se teñan que adscribir a algunha destas clases. Existen linguas que distinguen entre máis que dous xéneros gramaticais, nomeadamenteespecialmente incorporando un terceiro que se dá habitualmente en chamar ''[[neutro]]''. Mais non é por iso que exista necesariamente unha adscrición directa de cada substantivo a cada un destes xéneros segundo sexa animado masculino, animado feminino ou inanimado.
 
== Criterios de adscrición ==