Xogo do pau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
ciumes>celos
m Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
Liña 10:
Un loitador, [[Mestre Monteiro]], orixinario da rexión de [[Fafe]], conta que na mocidade do pai había dúas poboacións que ían aos domingos á mesma capela, levando os homes e os mozos cadansúa vara, de xeito que cando se axeonllaban na [[misa]] se vían todos os paus en saíndo dereitos por riba das cabezas. Despois da cerimonia era frecuente, nunha eira de alí preto, pelexas entre os rapaces das dúas aldeas, que comezaban por calquera pequena razón (un piropo a unha rapaza do outro lugar, os celos dun namorado, unha discusión polo paso dun regato... e que se resolvían a paus. Con todo, o combate posuía as súas regras. Había un código ético, que prohibía os loitadores bateren en home que non tivese pau, ou que estivese no chan.
 
Tamén na literatura podemos atopar historias sobre o xogo do pau, nomeadamenteespecialmente en autores como [[Aquilino Ribeiro]] e [[Miguel Torga]].
 
A partir dos anos 30 o xogo do pau comezou a perder importancia. Os motivos son varios: a acción das autoridades policiais, que para evitar loitas sangrentas prohibiron o uso dos paus dentro dos recintos das feiras; a emigración de moitos homens para a cidade ou para o estranxeiro; ou a xeneralización do uso de [[arma de fogo|armas de fogo]], que fixo innecesaria a aprendizaxe lenta e difícil desta técnica de [[defensa persoal]].