Diferenzas entre revisións de «Xoana I de Castela»

m
Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
m (Granada, España)
m (Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente))
En [[1497]] foi nomeada [[Príncipe de Asturias|princesa de Asturias]], pola morte do seu irmán o infante Xoán de Aragón, pasando por diante da súa irmá máis vella [[Isabel de Aragón e de Castela|Isabel de Aragón]], a cal polo seu casamento co [[rei]] [[Manuel I de Portugal]] facía temer aos [[Reis Católicos]] a posíbel unión dos seus reinos baixo dominio portugués. Tras a morte de [[Isabel de Aragón e de Castela|Isabel de Aragón]] no [[1498]], así como do fillo desta, o infante [[Miguel da Paz]], en [[1500]], Xoana converteuse en herdeira plena da Coroa de Castela.
 
Cando no [[1503]] o seu marido, Filipe, decidiu viaxar para atender asuntos, parece que se agravou o seu estado mental. Decidiu, porén, partir para Castela e morar ao lado dos seus pais, nomeadamenteespecialmente a petición da súa nai, que estaba preocupada pola súa saúde, pois estaba entón grávida por cuarta vez, deixando en [[Bruxelas]] aos seus tres fillos pequenos.
 
Morta Isabel a Católica o [[26 de novembro]] de [[1504]], aparecía o problema da sucesión na Coroa de Castela. Pola [[Concordia de Salamanca]] ([[1505]]) acordouse o goberno conxunto de Filipe o Fermoso, Fernando o Católico e máis a propia Xoana. As malas relacións entre Filipe, a quen apoiaba a nobreza castelá, e o seu sogro, Fernando, levaron a que este último renunciase a exercer o poder na Coroa de Castela ([[Concordia de Villafáfila]] de [[1506]]) e evitar un posíbel enfrontamento armado. Fernando o Católico centrouse nos asuntos da súa propia coroa.
103.099

edicións