Suger de Saint-Denis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
Liña 7:
Membro dunha familia de [[Servidume|servos]], tivo o privilexio durante a súa infancia de acompañar o rei [[Luís VI de Francia|Luís VI]] nunha súa visita á [[basílica de Saint-Denis|abadía de Saint-Denis]], na que ingresou cando tiña arredor de dez anos de idade. Logo de estudar no presbiterio de Estrées entre [[1094]] e [[1104]], para facerse monxe, voltou para a abadía de Saint-Denis, da que se convertería abade de [[1122]] até [[1151]].
 
Gozando da total confianza de Luís VI, xogou un importante papel xunto el, próximo ao que hoxe denominaríamos un primeiro ministro: encargado de misións diplomáticas no estranxeiro; conselleiro, nomeadamenteespecialmente para asuntos militares; foi el quen levou a [[Luís VII de Francia|Luís VII]], fillo do rei e logo rei, xunto súa futura esposa, [[Eleonor de Aquitania]], en [[1137]].
 
Suger converteuse en rexente da [[Francia]], entre [[1147]] e [[1149]] cando [[Luís VII de Francia|Luís VII]] partiu para a [[segunda cruzada]]. A súa volta, o rei proclamouno "Pai da Patria". Mais cando Luís VII suxire a idea de facer anular o seu matrimonio con Eleonor, Suger comprende o perigo e as consecuencias dun acto tal, tentando entón disuadir ao monarca. Só despois da morte de Suger, Luís VII leva a cabo a súa idea.