Torino FC: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 38:
|socks2=FFFFFF|colore calzettoni
}}
O '''Torino Football Club''', comunmente chamado '''Torino''' ou simplemente '''Toro''', é un club [[Italia|italiano]] de [[fútbol]] da cidade [[Piemonte|piemontesa]] de [[Turín]], que durante a tempada 2011-12 está a competir na Serie B .
==Historia==
Fundado en [[1906]] como ''Foot-ball Club Torino'', o club naceu como resultado da fusión de varios clubs mais antigos, algúns deles fundados en [[1887]], o cal convirte ó Torino no club de fútbol coa herdanza mais antiga de Italia.
Liña 45:
 
A pesar de gañar aquela liga un mes despois, o Torino non loitou de novo por mais títulos ate a década dos 70, na que o club acadou un novo título de liga e varios subcampionatos. Nos últimos tempos o club pasou por unha crise de resultados que o levou á Serie B durante anos, e sobre todo por unha crise económica que levou a unha refundación do club en agosto de [[2005]]. Actualmente o equipo disputa a [[Serie B 2011-2012|Serie B]] co obxectivo do ascenso.
 
Con 68 tempadas na [[Lega Calcio Serie A]], constituida como tal en [[1929]], o Torino FC ocupa a 7ª posición na táboa histórica da liga italiana segundo o número de puntos acadados; por detrás da [[Juventus FC]], do [[Inter de Milán|FC Internazionale]], do [[AC Milan]], do [[AS Roma]], do [[ACF Fiorentina]] e do [[SS Lazio]].
==Estadio==
O Torino FC disputa os seus encontros como local no ''Stadio Olimpico'', mais coñecido como ''[[Stadio Comunale]]'', inaugurado en [[1933]] para acoller varios encontros do [[Mundial de Fútbol Italia 1934]]. O Torino FC e o [[Juventus FC]] compatiron este estadio durante décadas, ate a inauguración do [[Stadio delle Alpi]] en [[1990]], construido por mor do [[Mundial de Fútbol Italia 1990]], e ó cal marcharon os dous clubs turineses. Trala reconstrucción do estadio en [[2006]] para acoller as ceremonias de apertura e peche dos [[Xogos Olímpicos de Inverno]] dese ano, ámbolos dous clubs voltaron ó seu antigo fogar. En [[2011]] o Juventus FC marchou ó seu [[Juventus Stadium|novo estadio]], e o Torino FC ficou como único residente do ''Comunale''. Actualmente o recinto conta cunha capacidade para 27.994 seareiros.