Matthias Grünewald: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ko:마티아스 그뤼네발트
m Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
Liña 12:
[[Ficheiro:Grünewald, Matthias - Concert of Angels (detail) - c. 1515.jpg|thumb|1515]]
 
A obra de Grünewald, de temática exclusivemente relixiosa, tanto no que sobrevive, como no que chegou a nós por testemuñas, pertence á época de transición entre o [[Pintura gótica|gótico]] tardío e o [[Renacemento]], e está marcada por un misticismo que bordea, ás veces, o alucinatorio. Devela un simbolismo tomado directamente das visións de santa [[Bríxida de Suecia]], entón moi lidas. Ariqueza en escenas estrañas, cheas de detalles a penas comprensíbeis e transcendidos por unha técnica deslumbrante, tanto a nivel de acabados cromáticos como nos volumes, nos relevos e nas superficies, é acompañado dun manexo moi libre e desconcertante das perspectivas e as relacións de tamaños que contribúen a aumentar o efectivismo. Esta dicotomía entre técnica e construción do espazo, que culmina no painel central do [[retábulo de Issenheim]], cuxa parte esquerda é comunmente denominada [[O concerto dos anxos]], non se puido explicar satisfactoriamente até que foron redescubertos os escritos da devandita mística sueca, máis ou menos pola mesma época en que Fraenger redescubría « [[Malleus Maleficarum|O martelo das bruxas]] » para reinterpretar a [[Jérôme Bosch]], artista ao que se ten comparado Grünewald, pola riqueza do imaxinario fantástico e a fascinación pola crueldade, e todo aquilo que ha en común entre o minucioso e gracioso [[Flandres|flamengo]] e o alemán, nidiamente máis físico e plástico, sobretodo na facilidade de planeamento indicado antes. Mais Grünewald é máis que nada famoso polos súas visións punzantes do sofrimento de [[Xesús de Nazareth|Cristo]], nomeadamenteespecialmente nas súas catro crucifixións: as de [[Basilea]], [[Washington DC]], [[Colmar]] e [[Karlsruhe]] , á cales o seu ''Escarnio de Cristo'' (Múnic), e o ''Cristo con a cruz ás costas'' (Karlsruhe), non lles ceden máis que un pouco en termos de énfase e violencia crúa.
 
=== Influencia ===