Hidatidose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: uk:Ехінококоз
m Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
Liña 10:
 
[[Ficheiro:Kisse idatike foete bedot.jpg|thumb|300px|Hidátides no fígado dun año]]
No hospedador intermediario, os ovos do parasito eclosionan no intestino e liberan unha [[larva]] denominada ''oncosfera'' (3), que atravesa a parede intestinal e migra polo [[sistema circulatorio]] ata fixarse en diversos órganos, nomeadamenteespecialmente [[fígado]] (60% dos casos) e [[pulmón]]s (25% dos casos) pero tamén nos [[ril]]es, ósos e outros órganos, incluído o [[cerebro]]. Nestas localizacións, a oncosfera dá lugar a un quiste de tamaño diverso no que se desenvolve a larva da tenia. Este quiste denomínase ''hidátide'' (4) e provocará unha clínica distinta segundo o órgano afectado e o número de quistes resultando, nalgúns casos, mortal.
 
Cando se sacrifica o animal e se inspeccionan as [[víscera]]s, aquelas que presentan quistes deben rexeitarse para o consumo humano. Se este sacrificio faise con garantías sanitarias, nun [[matadoiro]], as vísceras infestadas destrúense, normalmente por incineración, pero cando se fai no campo ou sen esas garantías, esas vísceras botábanse ós cans, co que se pechaba o ciclo biolóxico. O can inféstase ó inxerir eses quistes xa que, no seu intestino, evaxina o éscolex –segmento cefálico- (5) e fíxase na [[mucosa]] intestinal (6), madurando ata alcanza-lo estado adulto ó cabo de 30-80 días.