Diferenzas entre revisións de «Foro (contrato)»

m
Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
(lig int)
m (Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente))
O [[Galicia|territorio galego]] foi un dos espazos peninsulares nos que arraigou de forma máis clara esta práctica, aínda que, con este nome ou con outros semellantes (prazos, establecementos), se atopan cesións agrarias análogas en moitas rexións do norte de España e de Portugal, así como en Europa. Segundo os cálculos de autores do século XIX, a súa implantación en Galicia chegaría a afectarlles ás catro quintas partes da área cultivada. Só na antiga [[provincia de Mondoñedo]], amais dalgunhas comarcas illadas do interior, tiñan relevancia outras formas, como os arrendos ou as parcerías.
 
O foro naceu nos tempos medievais, pero mantívose en vigor ata o [[século XX]], cando un decreto lei de [[1926]] regulou de modo definitivo a súa extinción mediante o procedemento da súa redención por parte do foreiro, a cambio do pago dunha indemnización ao forista. A desaparición deste sistema foi un proceso relativamente rápido e fixouse logo na Compilación del Derecho civil especial de Galicia de [[1963]] o seu cesamento absoluto en [[1973]]. A vixencia legal do foro rematou daquela, despois de máis de oito centurias de existencia. Pero a súa historia non resultou uniforme, senón que viviu xeiras ben diferentes que se poden agrupar en varias fases. Con todo, as cuestións esenciais redúcense a dúas: a condición temporal ou perpetua e as obrigas que debían cumprir os foreiros ou levadores da terra. Ámbalas dúas, nomeadamenteespecialmente a primeira, foron obxecto de conflitos en diversos momentos da historia do foro.
 
==Período de formación ==
103.099

edicións