Diferenzas entre revisións de «Escravitude»

m
Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
m (r2.7.1) (Bot: Engado: zh-min-nan:Lô͘-lē chè-tō͘)
m (Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente))
Desde o [[Neolítico]] pode fundamentarse teoricamente a escravitude de seres humanos. Difícil de constatar no simple rexistro arqueolóxico, aparece, porén, nos textos escritos máis antigos, como nos primeiros documentos das civilizacións exipcia e mesopotámica (p.ex. o [[Código de Hammurabi]]) ou na Grecia antiga na [[Ilíada]] ou na [[Odisea]], que describen sociedades da [[Idade do bronce]].
 
Mentres as [[Altas Culturas]] orientais ou americanas, non foron propiamente sociedades escravistas, debido a que favoreceron o traballo obrigatorio dos seus súbditos, a civilización grecorromana, e nomeadamenteespecialmente [[Roma antiga|Roma]], estivo baseada no traballo escravista nunha alta proporción, tanto no espazo doméstico como, sobre todo na explotación intensiva dos [[latifundio]]s e das minas. A guerra convértese no principal medio de aprovisionamento dunha man de obra servil, maioritariamente de raza branca, que apenas se deixa reproducir, pero que ademais é liberada ([[manumisión]]) con frecuencia. As duras condicións de traballo impostas no campo ou nas minas, conduciron a levantamentos dos escravos, dos que o máis coñecido foi a rebelión liderada por [[Espartaco]]. As dificultades de fornecemento de novos escravos durante o [[Baixo Imperio]], conduciu á transformación paulatina do réxime escravista nun sistema de [[servidume]].
 
Porén, a escravitude non desapareceu nunca ao longo da [[Idade media]] europea, aínda que tivese un carácter residual. A pesar da prohibición da Igrexa para escravizar cristiáns, as sociedades medievais conseguen facerse con [[árabe]]s ou ben con [[eslavos]], termo que orixina o moderno termo occidental escravo. Tamén noutras culturas, como en diversas sociedades islámicas ou nas orientais, durante esta época, continuou a escravitude humana.
103.099

edicións