Panceltismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
Liña 17:
Coa chegada do [[século XIX]] o que viña sendo un movemento literario convértese nun movemento político, social e cultural; tinguido todo el do carácter [[Romanticismo|romántico]] que se estendía dende [[Alemaña]] ao resto da Europa occidental.
 
Publicáronse moitas traducións de obras das literaturas celtas, nomeadamenteespecialmente, os ''[[Mabinogion]]'' (Charlotte Guest, 1838-1849), o ''[[Barzaz Breiz]]'' e ''Os Bardos bretóns do século VI'' ([[Hersart de la Villemarqué]], 1839-1850). En [[1854]] Ernest Renan publicou ''A Poesía das razas celtas'', un estudo moi influente e en 1865 e 1866 Mathew Arnold pronunciou unha serie de conferencias sobre a literatura celta en [[Oxford]] que vinculaba todas as literaturas celtas e contribuíu a promover a creación da cátedra de Celta nesta universidade en 1877.
 
Durante o s.XIX moitos escritores ingleses empregaron a temática celta, como [[Thomas Love Peacock]], Tennyson e Gerard Manley Hopkins. En [[Escocia]] destacaron William Black e William Sharp (este co pseudónimo de Fiona Macleod). O rexurdimento foi especialmente vigoroso en [[Irlanda]], con autores como [[W.B. Yeats]], "AE" (pseudónimo de George William Russell), Oliver St John Gogarty, [[Sean O'Casey]] e James Stephens. En Irlanda recibiu o nome de "Lusco-fusco celta"{{cómpre referencia}}.