Arthur Wellesley, duque de Wellington: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-nomeadamente +especialmente)
Liña 3:
'''Arthur Wellesley''', 1º '''Duque de Wellington''', nado en [[Irlanda]] o [[1 de maio]] de [[1769]] e falecido no [[castelo de Walmer]], en [[Kent]] ([[Inglaterra]]), o [[14 de setembro]] de [[1852]]) foi un militar do exército británico e máis un estadista. Está considerado unha das figuras militares e políticas máis prominentes da primeira metade do [[século XIX]]. Xogou un salientábel papel durante as [[guerras napoleónicas]], chegando a atinxir o grao de [[mariscal de campo]]. A súa fama provén en boa medida por ser o home que derrotou a [[Napoleón]] en [[Batalla de Waterloo|Waterloo]] en [[1815]].
 
Wellington é comparado con frecuencia co [[John Churchill, Duque de Marlborough|duque de Marlborough]], con quen comparte numerosos riscos, nomeadamenteespecialmente o paso á política despois dunha exitosa carreira militar. Wellington foi por dúas veces primeiro ministro cos [[tory|conservadores]], e ademais exerceu como figura destacábel na [[Cámara dos Lores]] até o seu retiro en [[1846]].
 
== Orixes ==
Liña 15:
Progresou rapidamente no exército —en boa medida mercé ao sistema da época, polo cal os oficiais podían (e con frecuencia debían) comprar o seu grao—, de xeito que en [[1793]], ascendeu a [[tenente coronel]] no 33º rexemento de infantería. Combateu nos [[Países Baixos]] entre [[1794]] e [[1795]]. Pertenceu tamén á [[masonería]].
 
En 1796, despois de ser promovido a coronel, marcha co seu rexemento para a [[India]]. No ano seguinte, seu irmán maior, [[Richard Wellesley]], conde de Mornington, é nomeado gobernador xeral da India. Cando estoura a guerra en [[1799]] contra o sultán de [[Mysore]], [[Tipû Sâhib]], Arthur Wellesley manda unha división propia. Foi nomeado gobernador de [[Seringapatam]] e de [[Mysore]], posto que manterá até [[1805]]. Grazas ás súas vitorias militares, foi designado comandante supremo (político e militar) do [[Decán]], obtendo novas vitorias, nomeadamenteespecialmente contra o xefe bandoleiro [[Dundiat Wagh]] e contra os [[marathas]] en [[1803]]. En [[1804]] é ordenado cabaleiro da [[Orde de Bath]]. Cando o seu irmán cesa no mandato en 1805, Arthur retorna ao Reino Unido canda el.
 
En 1806, Wellesley é eleito parlamentario por [[Rye]] ([[Sussex]]) por seis meses para a [[Cámara dos Comúns]] do Reino Unido. No ano seguinte, é elixido por [[Newport]] ([[Illa de Wight]]), que representará durante dous anos. Durante este período, está afiliado aos ''[[Partido Conservador do Reino Unido|tories]]''. En abril de [[1807]], é designado para o «consello privado do rei», mais a súa carreira política veuse interrompida ao ser destinado ao continente para loitar nas guerras napoleónicas.