Diferenzas entre revisións de «Bolxevique»

sen resumo de edición
m (r2.7.1) (Bot: Engado: cs:Bolševismus)
# A necesidade de construír un partido cunha organización interna baseada no "[[centralismo democrático]]", con militantes profesionais, que garantisen a homoxeneidade [[ideoloxía|ideolóxica]] e a capacidade de organización, e que debían portar como programa revolucionario que o proletariado conquistase o poder político (ditadura do proletariado), para levar a cabo a revolución.
 
Debido á diversidade dos temas debatidos, as votacións flutuaron a favor ou en contra das propostas de Lenin. Foi aprobado un programa mínimo contra a autocracia e un programa máximo cara ó socialismo cos puntos de vista leninistas, excepto no referinte ó tema de terras, pois esixíase unicamente a devolución das terras arrebatadas polos terratenentes ós campesiñado. Nos temas organizativos foron aprobadas as propostas de [[Julius Martov|Martov]]. Porén, na fase final do congreso, cando se ía elixir a dirección do partido, a correlación de forzas inverteuse de novo debido ó retiro dalgúns delegados, ós que o congreso negou propostas do seu interese. Os alcumes de ''bolxevique'' (a maioría) e ''menxevique'' (a minoría), proveñen do resultado da elección do Comité Central e do Comité de Redacción do periódico ''Iskra'', que nembarganteporén quedaría en mans dos menxeviques pouco despois do congreso.
 
== Distanciamento cos menxeviques ==
== Guerra e revolución ==
 
Tralo estourido da [[Primeira Guerra Mundial]] os bolxeviques aliñáronse co sector "internacionalista" da socialdemocracia europea, opoñéndose á "defensa da patria" (sostida polos chamados "defensistas") e defendían o rexeitamento da guerra imperialista e a conversión nunha guerra civil revolucionaria. Os menxeviques dividíronse entón, ó facerse a maioría dos seus dirixentes defensista, mentres Martov encabezou un grupo internacionalista, que nembargante oporén seguiu organizativamente separado dos bolxeviques, e politicamente enfrontado por diverxencias similares ás sostidas desde [[1903]].
 
Tralo triunfo da [[Revolución Rusa]] de [[1917]], xa no goberno, a fracción bolxevique tomou o nome de Partido Comunista de Rusia (bolxevique), logo Partido Comunista da Unión Soviética (bolxevique). Non sería ata [[1952]] cando eliminaron a referencia "bolxevique" do nome oficial do partido, que pasou a denominarse [[Partido Comunista da Unión Soviética]].
188.809

edicións