Hormona liberadora da gonadotropina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12:
 
==A GnRH como neurohormona==
A GnRH é considerada unha [[neurohormona]], unha hormona producida en células neuronais específicas e liberada por unha terminación neuronal. Unha área fundamental para a produción de GNRH é a [[área preóptica]] do hipotálamo, oa cal contén a maioría das neuronas que segregan a GnRH. As neuronas secretoras de GnRH orixínanse na rexión nasal e migran ao cerebro, onde están dispersas entre o septo medio do hipotálamo e conectadas por [[dendrita]]s moi longas, de máis de 1 milímetro). Estas agrúpanse todas xuntas, polo que reciben impulsos [[sinapse|sinápticos]] compartidos, un proceso que lles permite sincronizar a súa liberación de GnRH. <ref name="pmid19541658">{{cite journal | author = Campbell RE, Gaidamaka G, Han SK, Herbison AE | title = Dendro-dendritic bundling and shared synapses between gonadotropin-releasing hormone neurons | journal = Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. | volume = 106| issue = 26| pages = 10835–40| year = 2009 | month = June | pmid = 19541658 | doi = 10.1073/pnas.0903463106 | url = | issn = | pmc = 2705602 }}</ref>
 
A GnRH segrégase ao [[sistema portal hipofisario]] de vasos sanguíneos na [[eminencia media]]. O sangue portal leva a GnRH á [[glándula hipófise]] ou pituitaria, a cal contén células [[gonadotropa]]s, nas cales a GnRH activa o [[receptor da hormona liberadora da gonadotropina]] (GnRHR), un receptor transmembrana asociado á proteína G que estimula a isoforma beta da [[fosfoinosítido fosfolipase C]], a cal mobiliza [[calcio]] e a [[proteínan quinase C]]. Isto dá lugar á activación de proteínas implicadas na síntese e secreción das gonadotropinas LH e FSH. A GnRH é degradada por [[proteólise]] en só cinco minutos.