Torre de San Sadurniño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Características: quito lig. interna repetida
Liña 20:
[[Ficheiro:Chimenea_da_Torre_de_San_Tomé,_Cambados.jpg|thumb|160px|right|Detalle da cheminea.]]
[[Ficheiro:Torre de San Sadurniño exterior.jpg|thumb|160px|dereita|Vista desde o exterior.]]
Na pequena illa que ocupaba a antiga fortificación só se conservan uns poucos restos: unha esquina dos muros rexos de [[cantaría]] de [[granito]] cunha [[xanela]]. Ademais atópanse restos dunha [[lareira]] no encontro dos muros, que consta dunha [[cambota]] de granito sostida por [[canzorro]]s e unha [[cheminea]] formada por un cano tamén de [[granito | pedra de gra]].
 
Ademais da súa función defensiva tamén serviu de torre de vixilancia e de [[faro]]. Durante os ataques dos [[pirata]]s [[normandos]] e [[bérber|berberescos]] formaba parte dun sistema de comunicación polo que, por medio de [[fogueira]]s, alertaban á xente da comarca para impedir o asalto á cidade de [[Santiago de Compostela|Compostela]]. O aviso chegaba desde a [[fortaleza da Lanzada]], e o [[lume]] da fortificación de San Sadurniño era visible ata [[Vilanova de Arousa]], e a fogueira desta alertaba ás [[Torres do Oeste]] en [[Catoira]], lugar estratéxico fundamental para a defensa de Compostela.