Ludwig Wittgenstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ms:Ludwig Wittgenstein
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 26:
 
== Biografía ==
Fillo dun próspero industrial do aceiro. Na casa paterna criouse xunto cos seus sete irmáns, nun ambiente rico en estímulos culturais e artísticos. Ludwig empezou estudos de enxeñería na universidade de [[Berlín]] e continuounos en [[Manchester]], dedicándose á investigación [[aeronáutica]] durante varios anos. Pero despois de ler os ''[[Principia Mathematica]]'', de [[Bertrand Russell]], os seus intereses pasaron da [[aeronáutica]] e a [[aerodinámica]] aos problemas da fundamentación das matemáticas e posteriormente á [[lóxica]] e á [[filosofía]]. A partir de [[1912]] seguiu os seus estudos en Cambridge baixo a dirección de [[Bertrand RusellRussell]] e empezou a ocuparse intensivamente da investigación filosófica. Para poder concentrarse mellor nos seus estudos, marchou a vivir en soidade a [[Noruega]]. Alí sorprendeuno o estoupido da [[Primeira Guerra Mundial]] e Wittgenstein alistouse no [[exército]] austro-húngaro. Isto non lle impediu seguir coas súas [[reflexións filosóficas]], que foi apuntando nunha serie de cadernos, de modo que, ó final da guerra, cando caeu prisioneiro dos italianos, tiña o manuscrito do seu ''[[Tractatus logico-philosophicus]]'' practicamente acabado. Esta obra foi publicada no ano [[1921]] en alemán e, un ano despois, en versión bilingüe inglés-alemán.
 
[[Ficheiro:Ludwig Wittgenstein 1910.jpg|thumb|right|Ludwig Wittgenstein en 1910.]]