Hormona adrenocorticotropa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 22:
A ACTH sintetízana as células basófilas (corticotropas) da [[hipófise]] anterior ou adenohipófise cando son estimuladas polo factor [[hipotálamo|hipotalámico]] liberador da corticotropina (CRH ou ''corticotropin releasing hormone''), a partir dun precursor de maior tamaño que sofre roturas proteolíticas.
 
A síntese de ACTH iníciase a partir da pre-[[pro-opiomelanocortina]] (pre-POMC). A eliminación do péptido de sinalización durante a [[tradución (proteínas)|tradución]] produce o [[polipéptido]] de 241 aminoácidos pro-opiomelanocortina (POMC), que sofre unha serie de modificacións post-transcricionais como [[fosforilación]] e [[glicosilación]] antes de que sexa cortada [[proteólise|proteoliticamente]] por [[endopeptidase]]s, orixinando varios fragmentos polipeptídicos con varias actividades fisiolóxicas. Estes fragmentos son: NPP, melanotropina gamma (γ-MSH), péptido potencial, corticotropina (ACTH), melanotropina alfa (ou α-MSH), [[péptido intermedio similar á corticotropina]] (CLIP), lipotropina beta (β-LPH), lipotropina gamma (γ-LPH), melanotropina beta (β-MSH), beta-endorfina, e Met-encefalina. O POMC, a ACTH e a β-lipotropina segréganas as células corticotropas da adenohipófise. <ref>{{cite web |title=Adrenocorticotropic Hormone (ACTH) |url=http://www.vivo.colostate.edu/hbooks/pathphys/endocrine/hypopit/acth.html}}</ref>
 
A regulación da síntese de ACTH prodúcese da seguinte maneira: En situación de estrés físico ou psicolóxico como a [[dor]], o cansazo, medo ou cambios da [[temperatura]], é estimulada intensamente a secreción do factor hipotalámico CRH, que estimula a liberación de ACTH (e esta a de glicocorticoides). Tamén estimulan a síntese de ACTH outras hormonas como a arxinina-[[vasopresina]] (AVP), as [[catecolamina]]s, a [[anxiotensina]] II, a [[serotonina]], a [[oxitocina]], o [[péptido natriurético auricular]] (ANF), a [[colecistoquinina]], e o [[péptido intestinal vasoactivo]] (VIP), entre outros.