Protocolo de Internet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rezabot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Modifico: sh:Internet-protokol
Sen resumo de edición
Liña 4:
Os datos nunha rede que se basea en IP son enviados en bloques coñecidos como [[paquete de datos|paquetes]] ou [[datagrama]]s (no protocolo IP estes termos adóitanse usar indistintamente). En particular, en IP non se necesita ningunha configuración antes de que un equipo intente enviar paquetes a outro co que non se comunicara antes.
 
O Protocolo de Internet proveprové un servizo de datagramas non fiable (tamén chamado do ''mellor esforzo'' (''best effort''), farao o mellor posible pero garantindo pouco). IP non proveprové ningún mecanismo para determinar se un paquete alcanza ou non o seu destino e unicamente proporciona seguridade (mediante ''checksums'' ou sumas de comprobación) das súas cabeceiras e non dos datos transmitidos. Por exemplo, ao non garantir nada sobre a recepción do paquete, este podería chegar danado, noutra orde con respecto a outros paquetes, duplicado ou simplemente non chegar. Se se necesita fiabilidade, esta é proporcionada polos protocolos da [[capa de transporte]], como [[TCP]].
 
Se a información a transmitir ("datagramas") supera o tamaño máximo "negociado" ([[MTU]]) no tramo de rede polo que vai circular poderá ser dividida en paquetes máis pequenos, e reensamblada logo cando sexa necesario. Estes fragmentos poderán ir cada un por un camiño diferente dependendo de como estean de congestionadas as rutas en cada momento.