Diferenzas entre revisións de «Neurohipófise»

A neurohipófise consta principalmente de proxeccións de [[neurona]]s ([[axón]]s) que proceden dos [[núcleo supraóptico|núcleos supraópticos]] e [[núcleo paraventricular|núcleos paraventriculares]] do [[hipotálamo]]. Estes axóns liberan [[hormona]]s peptídicas nos capilares hipofisarios. Ademais dos axóns, a neurohipófise tamén contén [[pituicito]]s, que son [[célula glial|células gliais]] especializadas parecidas a [[astrocito]]s.
 
Embrioloxicamente a neurohipófise orixínase como un divertículo da base do [[diencéfalo]] <ref>G. J. Romanes. Cunninham. Tratado de Anatomía.Interamericana - Mc Grow Hill. 12ª edición (1987) ISBN 84-7605-359-2.</ref>, polo que ten unha orixe distinta da adenohipófise (derivada da bolsa de Rathke, un divertículo do estomodeo) <ref>[http://www.med.unc.edu/embryo_images/unit-nervous/nerv_htms/nerv016a.htm Embryology at unc.edu]</ref>.
 
A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións:
205.252

edicións