Lingua protoxermánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 1:
O '''protoxermánico''' (ou '''xermánico común''') é o devanceiro común hipotético ([[protolingua]]) de todas as [[linguas xermánicas]], que inclúen entre outros, o [[lingua inglesa|inglés]] moderno, o [[lingua holandesa|holandés]] e o [[lingua alemá|alemán]]. A lingua protoxermánica non é directamente confirmada por ningún texto pero foi reconstruída por medio de métodos comparativos. Só se atoparon unhas poucas inscricións [[Runa|rúnicas]] en [[Escandinavia]] datadas de ''ca.'' [[-200]] que se pensan que representan unha etapa do [[lingua protonórdica|protonórdico]] inmediatamente posterior ao protoxermánico. Algunhas palabras tomadas prestadas do xermánico primitivo que existían en linguas non xermánicas veciñas crese que foron tomadas do protoxermánico; un exemplo é en [[lingua finesa|finés]] e [[lingua estoniana|estoniano]] a palabra ''kuningas'' "rei", que é similar á palabra reconstruída do protoxermánico ''*kuningaz''.
 
O protoxermánico é unha lingua descendente do [[lingua protoindoeuropea|protoindoeuropeo]]. Posuía soamente dous tempos verbais (pasado e presente), en comparanza cos seis ou sete tempos do [[lingua grega|grego]], [[lingua latina|latín]] e [[lingua sánscrita|sánscrito]]. Parte desta diferenza é debida á deflexión caracterizada pola perda de tempos do presente no protoindoeuropeo, por exemplo o pretérito perfecto. Porén, moitos dos tempos verbais doutras linguas parecen ser innovacións separadas en cada unha delas.
 
== Evolución do protoxermánico ==
Liña 12:
Algúns suxiren que o protoxermánico evolucionou no tempo de maneira relativamente illada. A súa evidencia baséase principalmente no [[vocabulario]], onde afirman que un terzo do vocabulario básico é dunha orixe non indoeuropea. Outros eruditos disputan sobre este aspecto e suxeriron etimoloxías do protoindoeuropeo á maioría das palabras cuestionadas.
 
Por definición, o protoxermánico é a etapa da lingua que constitúe o antepasado común máis recente das linguas xermánicas datado como da última metade do primeiro milenio antes da nosa era. Os dialectos falados post-[[lingua protoindoeuropea|protoindoeuropeo]]s durante a idade de bronce nórdica, arredor do [[-2500]]–[[-500]] aínda cando non teñen ningún descendente testemuñado con excepción das linguas xermánicas, reciben o nome de “preprotoxermánico”. O feito de que un terzo do vocabulario protoxermánico teña unha etimoloxía indoeuropea ambigua non é estraño para unha lingua de ''ca.'' -500; noutras ramas do indoeuropeo aconteceu o mesmo.
 
Polo ano [[-250]], o protoxermánico dividiuse en cinco grupos diferentes de linguas xermánicas (dous para o oeste e norte e un para o leste).<ref> ''Germanic languages.'' En ''The New Encyclopædia Britannica''. (1993). Chicago, IL, Estados Unidos: ''Encyclopædia Britannica'', Inc.. ISBN 0-85229-571-5.</ref>