Diferenzas entre revisións de «Bares, Mañón»

→‎Historia: achádegos>achados
(actualizo)
(→‎Historia: achádegos>achados)
O porto de Bares aparece citado por primeira vez o ano [[916]] nun documento do rei [[Ordoño II]], quen concedeu o señorío da Vila de Bares e un [[mosteiro]] sito na parroquia de [[Mogor, Mañón|Mogor]] ao bispo de [[Mondoñedo]] Sabarico II. Pero a súa existencia como vila e como porto se remonta a moitos séculos antes. Atopáronse moedas fenicias, ''tégulas'', ánforas e unha necrópole romana. Atopáronse tamén varias [[mámoa]]s.
 
O [[peirao]] do porto de Bares, unha magnífica construción a xeito de escolleira de grandes pelouros coñecida co nome de ''O Coído'' pode considerarse o porto máis antigo dos coñecidos no Noroeste da [[Península Ibérica]], talvez de orixe [[fenicios|fenicia]]. Moitos expertos, incluíndo [[Federico Maciñeira]] e Fernando Alonso Romero, asignáronlle unha cronoloxía pre ou protohistórica, tendo en conta os frecuentes e importantes achádegosachados efectuados neste lugar. Unha teoría alternativa é a de que é se remonta ao [[século XIII]] ou [[século XIV|XIV]], cando se xeneralizou a caza da [[balea]] no litoral cantábrico, e Bares converteuse nun porto refuxio para os [[barco]]s baleeiros.
 
Quedan os restos dunha base do Exército dos Estados Unidos, pertencendo ao sistema LORAN para control das comunicacións aéreas. Foi abandonada no ano 1991 tras a caída do Muro, e a redución de gastos militares dos Estados Unidos.
100.081

edicións