Linguas illadas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: bg:Изолирани езици
Servando2 (conversa | contribucións)
elimino ligazón a homónimos
Liña 8:
 
==Parentesco==
O termo "parentesco" enténdese no sentido da [[lingüística histórica]], que afirma que case todas as linguas faladas no mundo poden ser agrupadas segundo a súa procedencia histórica nun número relativamente pequeno de [[familias de linguas|familias]]. Así, por exemplo, o [[lingua español|español]] está relacionado con outras [[linguas [[Indoeuropeo|indoeuropeas]] como o [[Lingua inglesa|inglés]] ou o [[lingua hindi|hindí]] derivando todas elas dunha lingua común, chamada ás veces [[lingua protoindoeuropea|protoindoeuropeo]]. Doutra banda, o [[chinés mandarín]], o [[lingua tibetana|tibetano]], o birmano ou outras [[linguas sino-tibetanas]] resultaron da evolución histórica dunha lingua común. Segundo este criterio, unha lingua illada constitúe unha familia por si soa, o que explica o interese excepcional que espertan entre os lingüistas.
 
===Buscando parentescos===
É posible que todas as linguas faladas actualmente no mundo estean relacionadas ao descender dunha única lingua ancestral (aínda que o caso do [[lingua de acenos de Nicaragua]] suxire que baixo certas circunstancias e estímulos adecuados pode xurdir unha lingua nova ''quasi ex nihilo''). As familias de linguas establecidas serían nese caso soamente as ramas superiores da inmensa árbore de todas as linguas.
 
Esta é unha das razóns polas que se realizaron incontables estudos buscando emparentar estas linguas. Así, por exemplo, o [[Lingua vasca|Vasco]] foi comparado con practicamente todas as familias de linguas vivas e mortas, desde o [[lingua sumeriosumeria|sumerio]] ás linguas do sur do [[Cáucaso]] sen resultados convincentes. Robert M. W. Dixon pola súa banda aplicou ideas da teoría da evolución biolóxica, en concreto da moderna teoría do [[equilibrio puntuado]] para explicar porqué aínda no caso de que todas as linguas estivesen relacionadas resulta imposible atopar parentescos recoñecibles que vaian moito máis aló de 6.000 ou 8.000 anos.
 
==Linguas illadas==