Club Amigos del Rugby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
CocuBot (conversa | contribucións)
m r2.6.1) (Bot: Elimino: es:Helvetia Rugby
Tfeliz (conversa | contribucións)
m pequenos erros
Liña 34:
socks2=|
}}
O '''Club Amigos del Rugby''' (actualmente coñecido como '''Helvetia Rugby''' por razóns de patrocinio) é unha entidade deportiva da cidade de [[Sevilla]] que se adica ó [[rugby]], e que compite actualmente na [[División de Honra B]] empregando o nome do seu principal patrocinador, a aseguradora '''Helvetia'''. Dende a súa fundación en [[1977]] o clubeclub militou 4 tempadas na máxima categoría do rugby nacional (acadando o campionato en [[1979]]) e 18 tempadas na segunda.
==Historia==
Nos anos 70 un equipo de rugby [[Sevilla|sevillano]] que competiu dende [[1975]] ata [[1977]] na [[Liga Española de rugby|División de Honra]] do rugby nacional, o [[RACA Sevilla]], desapareceu. Nese intre os afeccionados ó rugby da cidade e a maior parte dos xogadores do RACA decidiron fundar un novo clubeclub dándolle continuidade á estrutura e ás categorías inferiores do vello club desaparecido. O Club Amigos del Rugby naceu pois en [[1978]]. Nese primeiro ano o equipo tivo que competir na [[Primeira División Nacional|Primeira Nacional]] (que por entón era a segunda categoría do rugby español) acadando xa nesa primeira tempada o ascenso á [[Liga Española de rugby|División de Honra]].
 
Entre a tempada 1978-79 e 1981-82 a Liga estivo composta por 4 grupos, competindo o CAR no Grupo Sur fronte ós demais equipos [[Andalucía|andaluces]]. Na tempada 1978-79, o Club Amigos del Rugby rematou primeiro no Grupo Sur, o que lle daba o dereito para loitar polo título de campión nacional fronte ós outros 3 campións de grupos, pero esa loita polo campionato non se chegou a realizar, de xeito que a Federación Española de Rugby decidiu que os 4 equipos eran campións.
 
Na tempada 1979-80 o CAR acadou de novo o primeiro posto no Grupo Sur, pero nesta ocasión si que se levou a cabo a disputa polo campionato, rematando o equipo 4º. Nas seguintes 2 tempadas o equipo rematou 6º e 2º no Grupo Sur, co cal non puido loitar de novo polo título nacional. Na tempada 1982-83 o sistema de liga volveu a ser o tradicional dun só grupo no que se enfrontan todos entre si, e o CAR non formou parte do campionato.
 
Nos seguintes anos o club asinou un acordo cunha escola da cidade, chamada Portaceli, que lle deu o nome ó equipo nos seguintes 10 años, ata [[1995]]. Nesa época o club militou 3 tempadas na 2ª categoría nacional, a [[Primeira División Nacional|1ª Nacional]], na 1984-85, 1990-91 e 1994-95. En [[1995]] o CAR cambiou de nome outra vez por mor dun novo patrocinador, Inés Rosales, que mantivo ata o ano [[2006]]. Nesa etapa o clubeclub militou no segundo nivel do rugby nacional 9 tempadas (3 na [[Primeira División Nacional|1ª Nacional]] entre as tempadas 1995-96 e 1997-98, e 6 na nova [[División de Honra B]] entre as tempadas 1999-2000 e 2000-01 e de novo entre 2002-03 e 2005-06.
 
A empresa de seguros Helvetia é o patrocinador principal do equipo dende 2007, e tamén o nome co cal compite na [[División de Honra B]] dende a tempada 2007-08 ata hoxe.
 
Na tempada 2010-11 o Helvetia Rugby participou no Grupo 2 da [[División de Honra B]], e acadou a 6ª posición na clasificación final.
 
==Véxase Tamén==
===Outros Artigos===