Catastro de Ensenada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiño
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito redirección
Liña 2:
O '''catastro de Ensenada''' é unha magna indagación catastral dirixida en [[1750]] polo [[marqués da Ensenada]], ministro de Facenda de [[Fernando VI]]. Abranguía os territorios da [[Coroa de Castela]], a maior parte de España, agás as illas, a [[Coroa de Aragón]], o [[reino de Valencia]], [[Navarra]] e os Señoríos Vascos. Os traballos de campo prolongáronse até [[1756]].
 
Esta indagación sería a base dunha reforma fiscal na que se pretendía racionalizar e facer máis xusto o sistema contributivo; para que isto fose realidade había que coñecer a riqueza de cada un. O obxectivo principal era o de rematar dunha vez por todas coa grande cantidade de impostos que había ([[alcabala]]s, [[dícimodécimo (imposto)|décimo]]s, [[primicia]]s, [[foro]]s, etc.), moi difíciles de controlar, e que gravaban sobre todo á maioría dos contribuíntes, especialmente ós pobres, mentres que os ricos estaban moi beneficiados a causa de que estes impostos se asentaban sobre as producións e bens de consumo e non sobre as rendas e ingresos netos obtidos pola posesión de terreos e casas. A reforma fiscal consistiría na substitución das rendas provinciais por un imposto único, a Única Contribución, proporcional á riqueza de cada un.
 
Este proxecto fracasou por oposición dos que se opuñan a perder tódolos seus privilexios: a nobreza e o clero.