Diferenzas entre revisións de «Virginia Woolf»

corrixo pequeno erro de tradución
(corrixo pequeno erro de tradución)
 
=== Novelística ===
As súas primeiras [[novela]]s, ''Viaxe de ida'' e ''Noite e día'', poñen xa de manifesto a intención da escritora de romper os moldes narrativos herdados da novelística inglesa anterior, en especial a subordinación de [[personaxe]]s e accións ao argumento xeral da novela, así como as [[descrición]]s de ambientes e personaxes tradicionais; con todo, estes primeiros títulos apenas mereceron consideración por parte da crítica. Só trala publicación de ''A señora de Dalloway'' e ''Ao faro'' os críticos comezaron a eloxiar a súa orixinalidade literaria. Nestas obras chaman xa a atención a mestría técnica e o afán experimental da autora, quen introducía ademais na prosa novelística un estilo e unhas imaxes ata entón máis propios da poesía. Desaparecidas a acción e a intriga, as súas narracións esfórzanse por captar a vida cambiante e inasible da conciencia. Influída pola filosofía de [[Henri Bergson]], Woolf experimentou con especial interese co [[tempo narrativo]], tanto no seu aspecto individual, no fluxo de variacións na conciencia do personaxe, como na súa relación co tempo histórico e colectivo. Así, ''[[Orlando: A Biography|Orlando]]'' constitúe unha fantasía libre, baseada nalgunhas pasaxes da vida de [[Vita Sackville-West]], amiga e tamén escritora, en que a protagonista vive cinco séculos da historia inglesa. En ''[[As ondas]]'' presenta o «[[fluxo de conciencia]]» de seis personaxes distintos, é dicir, a corrente preconsciente de ideas tal como aparece na mente, a diferenza do lóxico e ben trabado monólogo tradicional. Escribiu así mesmo unha serie de ensaios que viraban en torno da condición da muller, nos que destacou a construción social da identidade feminina e reivindicou o papel da muller escritora, como n'''[[Un cuarto de seu]]''. Destacou á súa vez como crítica literaria, e foi autora de dúas [[biografía]]s: unha divertida recreación da vida dos Browning a través dos ollos do seu can (''Flush'') e outra sobre o crítico [[R. Fry]] (''Fry''). Nun dos accesos dunha enfermidade mental que obrigara a ingresala en varias ocasións ao longo da súa vida, o 28 de marzo de 1941 desapareceu da súa casa de campo, ata que días despois o seu corpo foi achado no [[río Ouse]], no que se supón foi un suicidio, xa que se guindara ao río cun abrigo cargado de pedras.
 
== Obra ==
 
== Filmografía ==
*''[[As Horas]]'', 2002. Director: [[Stephen Daldry]]. Tres historias de tres mulleres en diferentes épocas entramadas a partir da novela do mesmo nome do autor [[Michael Cunningham]], inspirada na obra de Woolf "A Señora de Dalloway".
 
{{Wikiquote|Virginia Woolf}}