Ecbatana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: simple:Ecbatana
m Medos
Liña 1:
'''Ecbatana''' (ou '''Echbatana''') foi a capital do imperio dos [[medos]], capital de verán dos persas [[aqueménidas]], e sede da satrapía de [[Medos|Media]] durante o período Aqueménida, [[Imperio Parto|Parto]] e [[sasánida]]. Esta situada nos [[montes Zagros]], e preto dos [[montes Mosaalla]], [[Tell Hagmatana]] e [[sang-e-sar]] e do [[río Alushjerd]].
 
== Historia ==
Liña 8:
[[Alexandre o grande]] entrou en Persia o [[-331]] e visitou Ecbatana por dúas veces: a primeira o [[-330]] cando marchou desde [[Persépolis]] en persecución de [[Darío III]] ata Ecbatana, onde capturou o tesouro real; o seu lugartenente [[Parmenio]] quedou na cidade para supervisar as comunicacións, pero foi pronto asasinado por orde de Alexandre; o tesouro ficou na cidade. A segunda vez foi o [[-334]] e naquela ocasión morreu nela o seu íntimo amigo [[Hefestión]]. As murallas da cidadela serían demolidas (a cidade non tiña murallas exteriores).
 
O [[-328]] Alexandre substituíu a [[Oxidates]], sátrapa de Media, por [[Atropates]], xeneral e probabelmente gobernador tamén de [[Medos|Media]]. O [[-320]] na reunión de Triparadiso, Ecbatana e a Media do sur foi doada ao xeneral [[Peitón]]. Un tempo despois Peitón foi executado por [[Antígono]] e substituído por [[Orontobates]], que era iraniano (sobre [[-316]]) pero talvez a sede da satrapía se trasladara a [[Asadabad]], ao oeste do [[Halvand]] ([[Alvand]]).
 
O [[-305]] a cidade foi dominada por [[Seleuco I Nicátor]] que a conservou despois do [[-301]]. [[Antíoco IV Epifanio]] ([[-175]]-[[-164]]) cambioulle o nome a [[Epifania]]. Sobre esta época foi nomeado sátrapa [[Timarco de Mileto]], quen se rebelou contra [[Demetrio I]] ([[-161]]-[[-150]]) e emitiu moeda na cidade. Tamén Demetrio I e [[Alexandre Balas]] ([[-150]]-[[-148]]) emitiron moeda nela.