Vogal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: lmo:Vucal
m arranxiño
Liña 1:
En [[fonética]], unha '''vogal''' (do [[latín]] ''vocalis'') é un [[son]] da [[lingua]] falada que se produce ó expulsar [[aire]], habitualmente mais non necesariamente facendo vibrar asemade as [[corda vocal|cordas vocais]], e ó modificar o [[timbre]], sen [[oclusión]] nin [[fricación]], mediante a distinta posición que adopten os [[articulador|órganos]] da [[boca]] e do nariz no caso das vogais [[nasal|nasais]] e nasalizadas.
 
As [[consoantesconsoante]]s, pola súa banda, diferéncianse das vogais por unha constrición ou pechazón nun ou varios puntos do [[tracto bucal]] e/ou [[cavidade nasal|nasal]].
 
Tamén se pode definir a vogal como núcleo [[sílaba|silábico]]. Esta definición permite non só opolas ás consoantes, que son marxes silábicas, senón tamén ás [[semiconsoantes]] ou [[semivogais]] (vogais pechadas que actúan coma marxe nun [[ditongo]]).
Liña 9:
En definitiva, as vogais son articulacións abertas, nas cales o aire sae ó exterior sen obstrucións e sen que se produza ningún ruído no tracto vocal. Durante a súa emisión os órganos articulatorios deixan unha canle máis ou menos ampla sen que ningún órgano se interpoña na corrente de aire en [[vibración]].
 
Para o estudo dos sons vocálicos téñense en conta os trazos de [[abertura (fonética)|abertura]], [[localización (fonoloxía)|localización]], [[labialización]] e [[nasalidade]].
 
* Canto á ''abertura'', as vogais galegas poden clasificarse en catro graos principais (con pertinencia fonolóxica nalgunha posición): aberta, semiaberta, semipechada, pechada. Pero na realidade fonética encontramos unha maior variación de abertura que permite distinguir graos intermedios. En calquera caso, sempre estaremos simplificando (facendo abstracción) a realidade fónica, xa que desde o punto de vista da articulación (e do resultado acústico) esta característica é gradual, e polo tanto trátase dun continuum que vai desde a vogal máis pechada á máis aberta.