Knez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Elimino: ca:Knez
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Cómpre ter en conta que a tradución como príncipe ou duque non é fiel e, de facelo, isto pode provocar inexactitude tanto no mesmo título nobiliario, como nas palabras que se derivan del.
 
Por iso, o que podemos entender por príncipe (ou por duque) na [[Rusia]] ou na [[Serbia]] medievais, pode facer alusión a un rei, e o territorio que dito rei protexe ou dirixe que, en lugar de principado, podería referirse a un reino. Por exemplo, o ruso Княжество Московское, ''Kniázhestvo Mascóvscaie'' adoita interpretarse como ''Principado de Moscova'' ou ''Gran Ducado de Moscova'', pero podería tratarse de ''Reino de Moscova''. Este foi o nome do estado ruso que existiu desde os [[século XIV]] até o [[século XVI|XVI]], que foi o sucesor do [[Rus de Kiev]] (tamén coñecido como ''Principado de Kiev'') nos seus territorios setentrionais e o predecesor do [[Tsar|Tsarato ruso]] (en ruso, Царство Русское, ''Tsárstv Rúskaie'') que á súa vez precedeu ao [[Imperio ruso]].
 
De calquera maneira ''Knez'' non designa forzosamente o título máis elevado (por exemplo, o título de [[Tsar]], que vén do latín ''Caesar''). O único título oficial do Xefe do Estado ruso, até [[Iván o Terríbel]] foi o de ''Veliki Kniaz'', é dicir, Gran Príncipe ou Gran Duque.