Master System: Diferenzas entre revisións

m
→‎Historia: Dólar estadounidense
m r2.7.1) (Bot: Engado: he:Sega Master System
m →‎Historia: Dólar estadounidense
Liña 9:
 
==Historia==
O [[Mark III]] foi lanzado en [[Xapón]] o [[20 de outubro]] de [[1985]]. Foi redeseñado e posto á venda nos [[Estados Unidos]] baixo o nome '''Sega Master System''' en [[xuño]] de [[1986]], un ano despois do lanzamento por parte de [[Nintendo]] da [[NES]]. O prezo inicial era duns 200 [[ Dólar estadounidense |dólar]]es. A Master System foi lanzada despois noutros países, incluindo un segundo lanzamento en Xapón co seu novo nome en [[1987]], incluíndo integrado na máquina unha unidade FM para mellorar o son dos xogos (e que era un periférico para o Mark III).
 
A pesar de que a Master System era tecnicamente máis avanzada nalgúns aspectos que a NES, non conseguiu o mesmo nivel de popularidade entre os consumidores [[Estados Unidos|estadounidenses]]. Isto foi atribuído a varias causas, entre elas a diferenza de títulos dispoñibles para cada plataforma, e o lixeiramente posterior lanzamento da Master System. O contrato de licenza que [[Nintendo]] tiña coas compañías programadoras de xogos tamén tivo un gran impacto; este trato incluía que unha compañía que producira xogos para a NES tiña que facelo de forma exclusiva para esta máquina. A Master System vendeu 125.000 unidades nos seus primeiros catro meses neste país. No mesmo periodoperíodo, a NES vendeu 2.000.000.
 
Nintendo tiña daquela o 90% do mercado norteamericano. [[Hayao Nakayama]], entón CEO de Sega, decidiu non usar demasiado esforzo en promocionar a consola nun mercado totalmente dominado pola NES. En [[1988]], os dereitos da Master System en Norte América foron vendidos a [[Tonka]], pero a súa popularidade seguiu en declive. Este movemento foi considerado moi negativo, xa que Tonka nunca promocionara un sistema de videoxogos antes, e non sabía realmente que facer con el.
114.291

edicións