Filipe I de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
ciumes>celos
Liña 41:
Mortos os infantes Juan ([[1497]]) e Isabel ([[1498]]), así como o fillo desta última, o infante Miguel ([[1500]]), a súa esposa convértese na herdeira de Castela e [[Aragón]]. Morta a raíña [[Isabel a Católica]] (1504), ábrese o problema da sucesión nos reinos casteláns. Pola [[Concordia de Salamanca]] ([[1505]]), acórdase o goberno conxunto de Filipe, [[Fernando o Católico|Fernando de Aragón]] e a propia Xoana. Porén, as malas relacións entre el (apoiado pola nobreza castelá) e o seu sogro, o rei Fernando o Católico, obrigaron a este a renunciar ao poder en Castela para evitar un enfrontamento armado. Pola [[Concordia de Villafáfila]] ([[1506]]), Fernando retírase aos seus estados de Aragón, como rei, e Filipe é proclamado rei de Castela. Hai pois catro monarquías na península neste momento: Portugal, Navarra, Castela-León, Aragón.
 
Entre tanto, Xoana mostra visos de loucura, segundo algúns polos ciumescelos que lle producían as infidelidades do marido, polo que sentía un amor tan apaixonado como pouco correspondido. Aínda que as [[Cortes]] reunidas en [[Valladolid]] se negaron a declarar a incapacidade da raíña Xoana, Filipe I exerce o poder efectivo sen contar con ela. Tradicionalmente ténselle censurado polo favoritismo que demostrou polos seus conterráneos flamengos, así como por repartiren dádivas e prebendas entre os nobres casteláns para buscar o seu apoio; mais é posíbel que iso respondese a unha estratexia dirixida a afianzar o poder real e a pór couto as inxerencias de seu sogro nos asuntos casteláns. A figura que atinxira maior preeminencia no seu breve goberno (máis non ata consideralo un [[valido]]) foi un escuro nobre, o [[señor]] de [[Belmonte]], de nome [[Juan Manuel, señor de Belmonte|Juan Manuel]].
 
A súa morte, que ocorreu na burgalesa Casa del Cordón, foi tan súbita que correu o rumor de que seu sogro o envelenara. Segundo parece mentres se encontraba Filipe en Burgos, xogando aos [[birlos]], tras a partida, suando aínda, bebeu abundante auga fría, a consecuencia do cal caeu enfermo con alta febre e morreu uns días despois. Sen embargo, os investigadores máis recentes e autorizados atribúen a súa morte á peste. O falecemento do monarca acrecentou a suposta loucura da raíña Xoana.