Pan (deus): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: tl:Pan (diyos)
Elisardojm (conversa | contribucións)
ciumes>celos
Liña 18:
 
Pan era o deus das brisas do amencer e da tardiña, vivía na compaña das [[ninfa (mitoloxía)|ninfas]] nunha cova do [[Párnaso]] chamada [[Coriciana]], atribúenselle dons proféticos e formaba parte do séquito de [[Dionisos]], dise que compartía con este as súas costumes. Era cazador, curandeiro e músico. Polo que se conta Pan estaba dotado cunha grande potencia sexual, acosaba continuamente ás [[ninfa (mitoloxía)|ninfas]]. Pan vivía nos montes e nas selvas, enredando coas ovellas e asustando ós homes que se atrevían a internarse no monte (de aí a palabra ''pánico''). Pan represéntase cun caxato de pastor e unha [[siringa]], tamén chamada Frauta de Pan. É amigo das fontes e a sombra das árbores. Tamén tiña o costume de se agochar entre os arbustos para espiar as [[ninfa (mitoloxía)|ninfas]]. Pan ten moi mal espertar, sobre todo se se molesta durante a sesta.
Tivo amoríos coa ninfa [[Pitis]]; o seu rival [[Boreas]], nun ataque de ciúmescelos, tirou a Pitis dende o alto dun penedo; [[Xea]], sentiu mágoa da ninfa e transformouna en piñeiro; dende entón Pan aparece cunha coroa de follas de piñeiro e seica esta árbore xeme cando sopra [[Boreas]].
 
Pan namorouse tamén da [[ninfa (mitoloxía)|ninfa]] [[Siringa]], pero ela non o correspondía, unha vez que fuxía do acoso de Pan tirouse ó río e pediu axuda ás súas irmás as [[ninfa (mitoloxía)|ninfas]]. Estas, compadecidas, convertérona en canaval; cando Pan chegou só puido abraza-las canas abaneadas polo vento, o son que producían gustoulle tanto que decidiu crear un novo instrumento musical con elas; deste xeito inventou a frauta chamada siringa en recordo da ninfa. Seduciu a [[Selene]], a Lúa, regalándolle un vélaro de gran brancura. Pan e Selene eran venerados nunha cova do monte [[Niceo]].