Couto de Lampai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
novo artigo, desde a ligazón externa indicada
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de xaneiro de 2012 ás 17:20

O Couto de Lampai foi un terreo doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes. A doazón está confirmada nun documento conservado no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano.

Marco I do Couto de Lampai.

Localización

Está situado na parroquia de Cruces (Padrón), preto de Iria Flavia e da parroquia de Lampai (Teo). O terreo ten 22 hectáreas, e abrangue varias entidades de poboación. Está atravesado pola vía portuguesa do camiño de Santiago e pola autoestrada AP-9.

Limitaría ao norte cos montes das Penises e Figueira Labrada, ao sur cos montes de Pastoriza, ao leste co lugar de Lampai, e ao oeste cos lugares de Queiruga e Pazos.

Marcos

Consérvanse tres marcos nos lindes do terreo.

O marco 1 está a carón do rego de Tarrío, no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit (Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón).

O marco II ten un texto na cara norte (co texto patronim statuit), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste.

O marco III ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula patronim statuit.

Galería de imaxes

Véxase tamén: Imaxes do Couto de Lampai.

Véxase tamén

Ligazóns externas