Amón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: hy:Ամոն
Liña 26:
O culto de Amón alcanzou principal importancia coa expulsión dos [[hicsos]], lograda a finais da [[Dinastía XVII]], polos príncipes provenientes orixinalmente de ''Uaset'' (Tebas).
 
Así, a cidade de [[Tebas, Exipto|Tebas]] e o deus Amón estaban intimamente ligados. No antigo Exipto, cada cidade tiña o deus particular da rexión, [[Ajmin]] con [[Min (deus)|Min]], Tebas con '''Amón''', [[Menfis]] dedicada ao deus [[Ptah]], [[Abidos]] a [[Osiris (deus)|Osiris]], [[Heliópolis]] o culto a [[Ra (deus)|Ra]] e unha multitude de cidades e pobos menores tiñan o seu deus local, a modo de patrón da cidade, por exemplo [[Buto]] coa deusa [[Uadyet]] simbolizada cun [[áspide]] exipcio, visto comunmente como un atributo real nas coroas dos faraóns.
 
Unha característica do panteón exipcio era o costume de agrupar aos seus deuses en triadas: normalmente unha parella cun fillo; en [[Abidos]] foi o culto a [[Isis]], [[Osiris (deus)|Osiris]] e o seu fillo [[Horus]]; en [[Heliópolis]] o culto a [[Shu]] e [[Tefnut]], con Geb, ou Nut; e na rexión de Tebas, a parella divina formada por '''Amón''' e a súa esposa '''[[Mut]]''', co seu fillo '''[[Jonsu]]'''.
 
==Festividades==